A Deputación acolle no mes de xullo na Aula CeMIT un obradoiro para a dixitalización e o emprendemento do programa Extraordinarias

Xa está aberto o prazo de inscrición para asistir a esta actividade gratuíta, que terá lugar os días 16 e 17 de xullo e vai dirixida a mulleres emprendedoras que busquen mellorar as súas capacidades en marketing dixital

29/06/2026

A Deputación de Pontevedra organiza os próximos días 16 e 17 de xullo na Aula CeMIT, situada no Edificio Administrativo da Deputación na cidade de Pontevedra, un obradoiro para a dixitalización de mulleres emprendedoras. A acción forma parte do programa Extraordinarias, da Fundación Extraordinaria, e o prazo de inscrición xa está aberto, con 20 prazas dispoñibles.

O obradoiro gratuíto, que terá lugar de 10:00 a 12:00 horas e se poderá seguir de maneira presencial ou de xeito remoto, está dirixido a mulleres con ideas e negocios que medran de local a global. Na xornada, recibirán formación relacionada con habilidades de mercadotecnia dixital, pensamento de deseño, creación de marca dixital, ferramentas tecnolóxicas de xestión interna e innovación.

Extraordinarias é un proxecto destinado a formar en ferramentas dixitais para axudar a impulsar os seus negocios, como o comercio electrónico e o marketing dixital, a mulleres emprendedoras de zonas rurais de toda España, co fin de potenciar ideas e negocios activos que están xerando valor e economía local para impulsalos a nivel global. Con Extraordinarias, iniciativa da Fundación Cibervoluntarios, xa se formaron máis de 4.000 mulleres emprendedoras.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.