Luis López confirma que a Deputación investirá máis de 442.000 € na creación do primeiro museo ao aire libre de Ponteareas

“Reforzamos a cooperación institucional entre o Concello de Ponteareas e a Deputación para impulsar un proxecto estratéxico que contribúe á dinamización económica e turística, á conservación do patrimonio cultural e á consolidación dun modelo de desenvolvemento sostible”, subliñou o presidente

23/01/2026

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o convenio co Concello de Ponteareas para levar a cabo a creación do primeiro museo ao aire libre da vila, cun investimento que ascende a máis de 442.000 €. Trátase dunha actuación enmarcada no Plan de Sostibilidade Turística no destino Condado-Paradanta, Unha terra entre ríos, financiado con fondos da Unión Europea.

Con este convenio, tal e como subliñou o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, “reforzamos a cooperación institucional entre ambas institución para impulsar un proxecto estratéxico que contribúe á dinamización económica e turística, á conservación do patrimonio cultural e á consolidación dun modelo de desenvolvemento sostible”.

Luis López detallou que con estes máis de 442.000 euros vaise recuperar e adecuar o inmoble situado na Praza Vella nº10 de Ponteareas e tamén se porán en valor os elementos asociados á Festa do Corpus Christi, sinal de identidade da vila, para a súa integración nun espazo museístico aberto.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.