Rafa Domínguez entrega á Asociación Juan XXIII o coche adquirido cunha axuda do programa Impulsa Benestar valorada en preto de 20.000 euros

O vicepresidente da Deputación sinalou o impacto do programa na cidade, con máis de 100.000 € en achegas para 6 colectivos na liña de adquisición e adaptación de vehículos

08/10/2026

Rafa Domínguez entrega á Asociación Juan XXIII o coche adquirido cunha axuda do programa Impulsa Benestar valorada en preto de 20.000 euros

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, entregou este xoves á Asociación Juan XXIII o coche que puido adquirir a través das achegas de Impulsa Benestar, o programa de axudas posto en marcha polo goberno provincial para poñer á disposición de colectivos sociais da provincia preto de 1,5 millóns de euros para facilitar a adquisición de vehículos ou a realización de obras nos seus centros.

A Asociación Juan XXIII recibiu unha axuda de preto de 19.000 euros para sufragar os custos de adquisición deste vehículo, e o vicepresidente lembrou que o impacto do programa na cidade ascende a máis de 110.000 euros. Son un total de 6 colectivos instalados en Pontevedra os que reciben achegas na liña de adquisición e adaptación de vehículos, que distribuíu máis de 650.000 euros entre 33 entidades sociais da provincia tras aumentar o seu crédito respecto aos 500.000 euros previstos inicialmente nas bases.

Durante a súa visita, o vicepresidente Rafa Domínguez recordou os preto de 60 anos de traxectoria de Juan XXIII como referente na formación e promoción integral das persoas con discapacidade intelectual, un labor polo que recibe o apoio da Deputación de Pontevedra nas distintas liñas de apoio ao tecido asociativo da provincia. Neste eido, o vicepresidente lembrou os máis de 4.000 € que recibiu o pasado setembro para un proxecto de vivenda de respiro familiar con cargo á convocatoria de axudas para actuacións no ámbito social, dotada de 600.000 euros.

Impulsa Benestar está dirixido á mellora, adecuación e modernización das instalacións e dotacións das entidades de iniciativa social da provincia. O programa conta cun dúas liñas de financiamento, unha primeira para posibilitar a realización de obras nas súas instalacións e outra para a adquisición e adaptación de vehículos, cos que prestar o servizo de transporte de usuarios e o de repartición de alimentos, roupa, mobiliario ou mercancías a persoas en situación ou risco de exclusión social.

Galerias de imagenes