A Deputación leva este venres e sábado ata Mondariz Balneario e Pazos de Borbén os programas provinciais +Escénicas e +Música

O venres Lalá Teatro representará “Galicia, cada día máis linda” a partir das 18:30 horas na Sala de Cultura de Mondariz Balneario

21/05/2026

A Deputación de Pontevedra leva este venres e sábado ata Mondariz Balneario e Pazos de Borbén os programas provinciais +Escénicas e +Música. O venres Lalá Teatro representará “Galicia, cada día máis linda”, a partir das 18:30 horas na Sala de Cultura de Mondariz Balneario, unha das actuacións de +Escénicas. Pola súa banda, o sábado, na Praza do Concello de Pazos de Borbén terá lugar ás 17:00 horas o monólogo de Avelino González “Contos para contar cartos”, enmarcado tamén en +Escénicas, e a partir das 19:00 horas un concerto de Airiños da Peneda do programa +Música.

“Galicia, cada día máis linda” trátase dun espectáculo no que a música tradicional é o ingrediente principal. As lendas e contos atraparán e farán cantar e bailar aos espectadores de Mondariz Balneario á vez que aprenden sobre Galicia. Esta proposta teatral, a través da tradición galega, amosa o valor do territorio, da xente e da cultura galega á vez que busca demostrar que o galego está máis vivo que nunca.

No caso de "Contos pra contar cartos”, de Avelino González, a peza afonda nos cartos que andan nas mans de todo o mundo. No espectáculo falarase da importancia de saber usar os cartos, dos seus efectos e da limpeza de mans sempre despois de tocalos. Aínda que, en realidade, “Contos para contar cartos”, esta peza de +Escénicas da que gozará a veciñanza de Pazos de Borbén, afonda en como somos e no que nos importa.

Pola súa banda, Airiños da Peneda é unha agrupación de música folk e tradicional formada a principios do ano 2006 na parroquia de O Viso, en Redondela. O seu repertorio componse de diversos temas populares por exemplo as tradicionais O burro da tía Lola, Vos meus Amores, Vaite lavar morena, Monte Viso e O estraperlo, entre outras, que poderán ser desfrutadas na Praza do Concello de Pazos de Borbén.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.