Luis López celebra que a irmandade entre Baiona e Poio para impulsar a Festa da Arribada e o Día de Colón dará un novo pulo ao turismo e a cultura nas Rías Baixas

O mandatario provincial preside a firma dun acordo de colaboración entre os alcaldes de Baiona e Poio, Jesús Vázquez Almuíña e Ángel Moldes, para a colaboración conxunta na protección e difusión de dúas citas que son “emblemas das Rías Baixas”

17/02/2026

Javier touris accion comunitaria redondela

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, celebra a irmandade entre os concellos de Baiona e Poio para traballar conxuntamente na protección e divulgación da Festa da Arribada e do Día de Colón. Un acordo que suporá un impulso para o turismo e a cultura nas Rías Baixas. “Neste acto sae moi reforzada a provincia de Pontevedra porque sirve para poñer en valor estas dúas festas, pero tamén a tradición mariñeira, a gastronomía e a beleza destas dúas vilas. Ademais, na nosa estratexia de turismo, este acordo permite avanzar na nosa aposta pola desestacionalización e descentralización”, declarou o presidente despois da sinatura do convenio entre os alcaldes Jesús Vázquez Almuíña e Ángel Moldes, no que a Deputación exerceu de “embaixadora”.

No salón de plenos do Pazo provincial, reuníronse o rexedor de Baiona e deputado provincial, Jesús Vázquez Almuíña; e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, acompañados polo presidente provincial Luis López e  integrantes das corporacións municipais, responsables dos colectivos organizadores destas dúas festas e membros de Turismo Rías Baixas. Ambos os dous rexedores asinaron un acordo que terá unha vixencia de catro anos e os obxectivos de realizar un intercambio cultural con presenza dos dous concellos en cada unha das festas e accións divulgativas en centros educativos. “É a forma de potenciar Baiona e Poio, dous concellos que teñen características especiais como a súa historia e a súa cultura, cun porto deportivo ou museos relacionados coa navegación”, sinalou o deputado e rexedor de Baiona Vázquez Almuíña; “poñemos en valor dúas festas con moito arraigo, pero tamén trasladamos a marca da provincia e de turismo Rías Baixas, que son produtos moi singulares e particulares como son a Festa da Arribada e o Día de Colón, dos que non moitos territorios poden presumir”, engadiu o alcalde de Poio, Ángel Moldes

Despois de agradecer a decisión de escoller o Pazo provincial para asinar este acordo, que fará das Rías Baixas un territorio “máis cohesionado, forte e unido”, Luis López eloxiou a vontade de colaboración dos dous rexedores. “Representan á perfección a vocación deste acto porque indo unidos, chegamos máis lonxe e porque a liña máis recta para acadar unha meta é a da colaboración”, valorou o mandatario provincial sobre o traballo dos equipos de goberno de Baiona e Poio.

Esta irmandade entre “dous concellos que son emblema das Rías Baixas” proxectará o carácter internacional da provincia e do destino turístico. “Lanzamos unha mensaxe a todo o mundo de que un dos fitos máis importantes da historia da humanidade tivo o seu epicentro na provincia de Pontevedra”, afirmou o presidente, quen concluíu que, desde hoxe, Poio e Baiona son dous concellos que “desde o punto de vista xeográfico poden estar moi lonxe, pero desde o punto de vista cultural, están moi próximos”.

Galerias de imagenes

audios

Noticias relacionadas

{"classPK":14739475,"groupId":"37861","name":"20260228_arribada_rafaestevez_02.jpg","alt":"LUIS LOPEZ XXX FESTA DA ARRIBADA BAIONA 02-03-2026","title":"20260228_arribada_rafaestevez_02.jpg","type":"document","uuid":"3b7aa024-f4a4-b87e-e19b-1da3c0e3d399","fileEntryId":"14739475","resourcePrimKey":"14739493"}

Luis López ve na Festa da Arribada de Baiona un sinal de identidade do tirón turístico das Rías Baixas, dos lazos de unión con América e da hospitalidade da veciñanza

  28/02/2026

{"classPK":12299247,"groupId":"37861","name":"20250301_luislopez_arribada_jphilippot_09.jpg","alt":"532 aniversario da Arribada da Carabela Pinta a Baiona ","title":"20250301_luislopez_arribada_jphilippot_09.jpg","type":"document","uuid":"1418e590-c384-a785-8d40-5bebfae65b03","fileEntryId":"12299247","resourcePrimKey":"12299276"}

Luis López sinala na conmemoración do 532 aniversario da Arribada da Carabela Pinta a Baiona o tirón da vila no liderado turístico das Rías Baixas

  01/03/2025

{"classPK":8392367,"groupId":"37861","name":"20240503_diacolon_rafaestevez_01.jpg","alt":"Luis López destaca a importancia de festas culturais como a do Día de Colón","title":"20240503_diacolon_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"3af405b6-09d5-69c9-40cf-46e59d1ad9de","fileEntryId":"8392367","resourcePrimKey":"8392523"}

Luis López destaca a importancia de festas culturais como a do Día de Colón, en Poio, para enriquecer o destino turístico e dinamizar a economía

  03/05/2024

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.