Luis López asina co alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, unha achega de preto de 0,5M€ para a humanizar o acceso ao núcleo de Corga en Sendelle

O presidente provincial recibe o rexedor no Pazo Provincial para selar un acordo co que a Deputación, a través dos recursos do Plan Extra e o +Provincia, financia o 100 % dun proxecto que transformará a mobilidade, os servizo e a imaxe do espazo público

22/10/2026

Luis López asina co alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, unha achega de preto de 0,5M€ para a humanizar o acceso ao núcleo de Corga en Sendelle

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asina co alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, , o convenio para a humanización e mellora de infraestruturas no acceso ao núcleo de Corga, na parroquia de Sendelle. Trátase dun proxecto enmarcado na segunda convocatoria do Plan Provincia Extraordinaria – Plan Extra, un programa que reparte 35 millóns de euros entre 57 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia que resultaron beneficiarios nesta segunda entrega do Plan Extra. No Pazo provincial, López e García-Luengo selaron un acordo a través do cal o organismo provincial achega os 470.000 euros para financiar a por completo o orzamento da obra a través da combinación dos recursos do Plan Extra (398.000€) e do +Provincia (70.250€). Trátase dunha actuación que transformará por completo o espazo público fomentando a mobilidade peonil, mellorando os servizos e elevando o nivel estético da contorna.

O obxecto do proxecto pasa pola mellora do acceso ao núcleo de Corga na parroquia de Sendelle, que non dispón dun viario con suficiente capacidade para permitir a circulación de vehículos. As actuacións previstas consisten no ensanche do viario municipal e execución dunha zona de aparcamento para o que se procederá á escavación do terreo das parcelas da contorna ata acadar a cota da rasante da rúa municipal. Demoleranse muros e outros elementos existentes e dotarase á rúa dunha nova rede de pluviais. Finalmente, pavimentarase o viario garantindo o tránsito de vehículos e de peóns don xeito máis accesible e seguro posible. En canto aos pavimentos, utilizaranse cinco tipos de pavimento distintos mesturando asfalto para a calzada, adoquín para a zona do lavadoiro e a fonte, formigón para o conxunto da actuación e un chan natural para o espazo máis próximo ao río.

A sinatura deste acordo supón un novo paso adiante na colaboración da Deputación co Concello de Crecente, onde tamén están en marcha outros proxectos centrados na mellora dos espazos públicos, así como de infraestruturas do ámbito viario, deportivo ou cultural que redundan nunha mellora da calidade de vida da veciñanza.

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.