Luis López afirma que O Gran Camiño pon a Rías Baixas no mapa do mellor ciclismo mundial e se consolida como un escaparate de primeiro nivel para o turismo deportivo

O presidente da Deputación estivo presente no comezo e no remate da etapa decisiva entre As Neves e Santa Trega (A Guarda), onde a vicepresidenta Luisa Sánchez participou na entrega de premios, na que Adam Yates recibiu o do gañador da clasificación xeral

18/04/2026

Luis López afirma que O Gran Camiño pon a Rías Baixas no mapa do mellor ciclismo mundial e se consolida como un escaparate de primeiro nivel para o turismo deportivo

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este sábado no protocolario acto de corte de cinta que deu saída a quinta e derradeira etapa da carreira ciclista O Gran Camiño. Unha carreira de 155 quilómetros de percorrido entre os concellos de As Neves e A Guarda, cun remate espectacular no alto do Monte de Santa Trega, onde tamén estivo presente o mandatario provincial acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez, quen participou na cerimonia de entrega de premios aos gañadores das distintas categorías da proba.

O ciclista británico Adam Yates proclamouse campión da carreira ao rematar en primeiro lugar na clasificación xeral, mentres que o gañador da etapa foi o prometedor ciclista italiano Alessandro Pinarello despois de impoñerse ao campión da carreira nunha espectacular subida ao alto de Santa Trega.

O pelotón partiu desde o centro urbano das Neves con destino ao segundo lugar máis visitado de Galicia: o monte Santa Trega da Guarda. Polo camiño atravesaron os concellos de Arbo, Ponteareas, Salvaterra de Miño, Tui, Tomiño e Oia con dúas subidas ao Alto da Valga, un porto de segunda categoría antes de afrontar a subida final na Guarda.

O patrocinio por parte da Deputación da carreira O Gran Camiño enmárcase na aposta do goberno provincial polo turismo deportivo que marca a campaña “A túa meta, o teu destino” e representa os beneficios que reporta á provincia a aposta polo deporte, pola organización de grandes eventos e polo turismo deportivo. Trátase dun evento deportivo de impacto internacional que conta con cinco etapas pasando polas catro provincias galegas. Para a Deputación, acoller eventos de relevancia internacional como O Gran Camiño é fundamental para avanzar no impulso do turismo sostible e descentralizado nas Rías Baixas.

Noticias relacionadas

{"classPK":15226953,"groupId":"37861","name":"20260418_luislopez_saidagrancamino_asneves_slorenzo_04.jpg","alt":"LUIS LOPEZ CORTE CINTA ETAPA GRAN CAMINO AS NEVES ","title":"20260418_luislopez_saidagrancamino_asneves_slorenzo_04.jpg","type":"document","uuid":"7c096c83-7197-824b-f53e-2439e4fc7cf8","fileEntryId":"15226953","resourcePrimKey":"15226969"}

Luis López afirma que O Gran Camiño pon a Rías Baixas no mapa do mellor ciclismo mundial e se consolida como un escaparate de primeiro nivel para o turismo deportivo

  18/04/2026

{"classPK":15043774,"groupId":"37861","name":"gran_camino_2026.jpg","alt":"","title":"gran_camino_2026.jpg","type":"document","uuid":"23281d3f-687c-78da-1008-98f6427341f4","fileEntryId":"15043774","resourcePrimKey":"15171408"}

A Deputación patrocina por terceiro ano consecutivo O Gran Camiño, a proba ciclista que celebrará a súa última etapa este sábado cun percorrido entre As Neves e A Guarda

  14/04/2026

{"classPK":14474990,"groupId":"37861","name":"20260127_LUIS LOPEZ_PRESENTACION-GRANCAMINO2026_RESTEVEZ_03.jpeg","alt":"Luis López na presentacion do Gran camiño 2026","title":"20260127_LUIS LOPEZ_PRESENTACION-GRANCAMINO2026_RESTEVEZ_03.jpeg","type":"document","uuid":"611bc989-e61a-364b-9910-06a6c83c34a4","fileEntryId":"14474990","resourcePrimKey":"14475207"}

Luis López sinala O Gran Camiño como un evento estratéxico dentro da aposta das Rías Baixas polo turismo deportivo que marca a campaña ‘A túa meta, o teu destino’

  27/01/2026

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.