Luis López sinala o crecemento de usuarios do proxecto Liña Conecta Rural como un éxito da aposta da Deputación para afrontar o reto demográfico

As tres liñas de autobús entre O Campo Lameiro, Moraña e Portas acumularon máis de 600 usuarios durante maio e xa foron empregadas por preto de 300 pasaxeiros nos primeiros días de xuño

12/06/2026

Luis López sinala o crecemento de usuarios do proxecto Liña Conecta Rural como un éxito da aposta da Deputación para afrontar o reto demográfico

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, fixo este venres un balance do funcionamento do proxecto Liña Conecta Rural cando se compren dous meses desde a súa posta en marcha. “Estamos moi orgullosos deste proxecto pioneiro e piloto que desenvolvemos nos concellos do Campo Lameiro, Moraña e Portas, con tres liñas de transporte público totalmente gratuítas, operativas os días laborables”, lembrou o presidente sobre esta liña que ademais de permitir desprazamentos internos nestes concellos tamén os conecta coa capital da provincia, a cidade de Pontevedra.

Nos seus dous meses en funcionamento, Liña Conecta Rural xa chegou a máis de 1.200 pasaxeiros. O servizo estreouse na segunda quincena de abril con 300 pasaxeiros, que se duplicaron durante maio para chegar a máis de 600 usuarios. Nos primeiros días de xuño o servizo xa acumula preto de 300 usuarios máis, con datos ata o 8 de xuño no caso das liñas do Campo Lameiro e Moraña, e ata o 11 de xuño para a liña de Portas.

“Estamos en disposición de dicir que as nosas iniciativas de reto demográfico son un éxito”, sinalou o presidente Luis López, que lembrou que o éxito do programa xa comezou no momento da súa valoración á hora de conseguir financiamento, “sendo unha das 100 mellores iniciativas de España”. Grazas a isto, o proxecto conseguiu unha subvención de medio millón de euros do goberno central. Agora, a súa resposta por parte da cidadanía, “cun crecemento sostible que permite a estes usuarios realizar traxectos dentro do seu concello ou chegar a emprazamentos como o Hospital de Montecelo, os Xulgados da Parda e sedes administrativas como a da Xunta ou tamén esta Deputación”, sinalou o presidente, que lembrou que o servizo tamén o empregan nenos e mozos que se desprazan aos seus centros de ensino ou mesmo ao campus universitario de Pontevedra.

O presidente da Deputación sinalou que con Liña Conecta Rural “evitamos riscos innecesarios ao volante nun sector da poboación como son os maiores, ofrecemos solucións aos que xa non poden utilizar vehículos propios e dependen de que os trasladen veciños ou familiares, e reducimos a cantidade de coches nas estradas e a contaminación”. Financiado integramente pola Deputación, e deseñado en colaboración cos tres concellos implicados e a Xunta de Galicia, poden consultarse as rutas e horarios no portal institucional da Deputación e en bus.gal.

audios

Noticias relacionadas

{"classPK":15288184,"groupId":"37861","name":"20260429_conectaorural_rafaestevez_01.jpg","alt":"A Deputación ultima os días para solicitar as dúas liñas de axudas para o fomento do turismo, que ascenden a 180.000 \u20ac","title":"20260429_conectaorural_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"d7757ff8-5cbd-8e00-af47-bea5de0b1914","fileEntryId":"15288184","resourcePrimKey":"15288349"}

Luis López comproba como o bus gratuíto de Liña Conecta Rural da Deputación afronta o reto demográfico “con feitos” desde os concellos de Moraña, Portas e O Campo Lameiro

  29/04/2026

{"classPK":15034924,"groupId":"37861","name":"20260730_convenio_rafaestevez_04.jpg","alt":"Luis López asina o convenio da Liña Conecta Rural: un servizo gratuíto de autobús en colaboración coa Xunta para conectar Campo Lameiro, Moraña e Portas con Pontevedra","title":"20260730_convenio_rafaestevez_04.jpg","type":"document","uuid":"91ebfc09-ee1c-3396-3ee0-ac29bd0c7998","fileEntryId":"15034924","resourcePrimKey":"15034975"}

Luis López asina o convenio da Liña Conecta Rural: un servizo gratuíto de autobús en colaboración coa Xunta para conectar Campo Lameiro, Moraña e Portas con Pontevedra

  30/03/2026

{"classPK":12965952,"groupId":"37861","name":"20250610_LuisLopez_LinaConectaRural_Restevez-2.jpg","alt":"Luis López presenta a Liña Conecta Rural","title":"20250610_LuisLopez_LinaConectaRural_Restevez-2.jpg","type":"document","uuid":"8e19ef04-0cf6-5b3e-dbde-895d0d94ca63","fileEntryId":"12965952","resourcePrimKey":"12966211"}

Luis López presenta a Liña Conecta Rural: un servizo gratuíto de autobús entre os concellos de Campo Lameiro, Moraña e Portas que afonda na vertebración da provincia

  10/06/2025