A Liña Conecta Rural é unha iniciativa piloto froito do convenio entre a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e os concellos de Portas, Moraña e O Campo Lameiro.

Este servizo, integrado no proxecto “+MOBE: Mobilidade rural sostible e inclusiva de Pontevedra”, ten como obxectivo garantir a conexión gratuíta e eficiente destes núcleos rurais co centro urbano de Pontevedra e co hospital de Montecelo.

100 % gratuíto Sen custo para as persoas usuarias
De luns a venres Operativo os días laborables
Sen reserva Só tes que estar na parada
Consulta os horarios en bus.gal


Sentido Pontevedra

Sentido Concello


Actuación pertencente ao proxecto "+MOBE: Mobilidade rural sostible e inclusiva en Pontevedra" (expediente A-380-24).

Financiado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Ministerrio para la Tansición Ecológica y el Reto Demográfico

Documentos