Luis López celebra que as axudas da Deputación para a mocidade se infiltren por toda provincia: 27 colectivos, 17 concellos e un financiamento de máis de 115.000 euros

O mandatario provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e o deputado de Xuventude, Jorge Cubela; salienta o aumento dos proxectos beneficiarios desta iniciativa estreada no 2024 e que repartiu axudas desde os 300 a 5.000 euros

06/10/2026

Luis López celebra que as axudas da Deputación para a mocidade se infiltren por toda provincia: 27 colectivos, 17 concellos e un financiamento de máis de 115.000 euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, celebra que o plan de axudas deseñado polo organismo provincial para que a mocidade poida levar á práctica os seus proxectos sirva para fomentar o benestar, a cultura, a ciencia, o deporte, a participación cidadá, a sustentabilidade ou afrontar o reto demográfico por todo o territorio da provincia. Nun acto celebrado no salón de plenos do Pazo provincial onde se presentaron os 27 proxectos beneficiarios desta terceira convocatoria do Plan +Xuventude, o mandatario provincial puxo en valor o incremento das propostas atendidas, seis máis que o ano pasado, que recibiron axudas comprendidas entre os 300 e 5.000 euros cun financiamento de 115.000 euros de fondos provinciais.

“Nesta terceira convocatoria do programa de axudas +Xuventude, volvemos cubrir a maior parte do territorio da provincia cun reparto que chega a colectivos de 17 concellos de todas as comarcas; repartimos máis de 115.000 euros entre 27 colectivos xuvenís, que reciben entre 300 e 5.000 euros para impulsar as súas iniciativas e facemos posible impulsar proxectos chamados a mellorar a nosa saúde e benestar, innovar na cultura ou a ciencia, fomentar a participación da mocidade na vida social, facer fronte ao reto demográfico e garantir a sustentabilidade do noso territorio”, declarou o presidente Luis López para pechar un acto do que tamén tomaron parte o vicepresidente Rafa Domínguez e o deputado de Cultura, Jorge Cubela, encargado de darlle a benvida ao Pazo provincial aos responsables dos proxectos beneficiarios.

O acto de presentación dos proxectos beneficiarios desta terceira convocatoria do programa +Xuventude tivo lugar esta tarde de martes no salón de plenos do Pazo provincial, onde se deron cita as persoas que están detrás destas 27 propostas atendidas. No papel de representante de todos os beneficiarios ,Javier Domínguez —responsable da iniciativa “O torneo do ano”, un proxecto dirixido a fomentar a actividade física, a implicación da mocidade na vida social e a promoción do territorio— puxo en valor a importancia deste tipo de programas para facer realidade os proxectos da mocidade. Un encontro que contou tamén coa proxección dun vídeo para resumir todos os proxectos subvencionados a través deste programa impulsado polo goberno provincial.

“Ademais do calado das propostas, é a elevada concorrencia rexistrada edición tras edición o que nos di que esta idea que un día me presentou o deputado de xuventude e cultura Jorge Cubela foi un verdadeiro acerto. Eu non vos vexo como beneficiarios das axudas da Deputación á mocidade. Máis ben, penso que é ao contrario. É a provincia a que se beneficia do talento, ideas e iniciativas que ten a mocidade”, concluíu o presidente Luis López para reafirmar a aposta estratéxica que a Deputación está a realizar coa mocidade, tanto a través deste programa de axudas como outras iniciativas dirixidas a premiar o talento das mozas e mozos da provincia, a dotar de recursos aos colectivos para que conten con espazos e equipamentos axeitados ou a programas culturais, deportivos ou de benestar que convidan ás novas xeracións a implicarse na vida social da provincia.

BENEFICIARIO PROXECTO CONCELLO

IMPORTE

Asociación Para o Desenvolvemento Familiar Medrar 2.0 Adefam 2.0 Sabor de horta Barro 2.932,80 €
Asociación Musical Cultural Tirante Barosa líquida 2026 Barro 5.000,00 €
Asociación Colectivo Espazo 16 Especies e espazos Barro 4.500,00 €
A. Erguete de Prev. Educación Non o deixes ao azar A Guarda 5.000,00 €
Asociación Banda De Musica Popular De Tui Sons e emocións: a cultura da mocidade Tui 5.000,00 €
Alicia Garrido Márquez Creando sociedade no rural Forcarei 3.226,04 €
Down Vigo A. Síndrome De Down A maxia Vigo 5.000,00 €
A. Cultura e Xuventude De Barro Campamento musical notas da natureza Barro 5.000,00 €
A. Conecta Galicia Conecta + xuventude Vilanova de Arousa 5.000,00 €
A.n Centro Xuvenil Abertal Outra movida Vigo 5.000,00 €
Down Pontevedra Xuntos A.Síndrome De Down Xuntos na procura da identidade Pontevedra 4.431,00 €
A. Amigos Banda De Musica De Agolada Xornadas musicais aprendendo a dar a nota Agolada 5.000,00 €
Asociación Cultural Galicia Fiddle Fiddle para as aldeas Vigo 5.000,00 €
Asociación Deligras Galicia Programa estival Espiñeiro Baltar 2026 Ribadumia 4.850,00 €
AA.VV Chapela-Redondela Raíz na rúa Redondela 4.050,00 €
Asociación Galenio Union Cf El torneo del año 2026 Pontevedra 3.878,00 €
Club Serendipia Galicia Navegando cara a mocidade Sanxenxo 4.000,00 €
Agrupación Musical O Rosal Máis que música O Rosal 4.005,00 €
Aroa Otero Rodriguez Primeiros auxilios en centros educativos Pontevedra 2.650,00 €
Asociación Xuvenil Xuntanza Xuvenil Suando a camisola Vigo 5.000,00 €
Asociación Arousa Moza Ano da visibilidade e participación xuvenil LGTBIQ+ Vilagarcía de Arousa 4.613,00 €
Asociación Non Damos Feito Galimpiadas Salvaterra 3.000,00 €
A. Cultural Banda De Musica De Silleda Campamento musical de verán Silleda 5.000,00 €
Asociación Centro Cultural Artístico e Recreativo Valladares Campamento xuvenil okupémonos Vigo 5.000,00 €
A. Sociocultural e Deportiva A Insua Semana cultural a insua: xuventude activa Tui 3.997,84 €
ANPA Proval Charlas orientación económica Nigrán 280,00 €
José Alejandro Blanco Camino Latidos en xogo Ponteareas 4.750,00 €

Galerias de imagenes