Luisa Sánchez fai entrega de premios na Liga provincial de ximnasia rítmica 2025
12/04/2025
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta mañá na primeira entrega de premios da Liga provincial de ximnasia rítmica. A competición, organizada polo Club Maniotas de Vigo e pola Federación Galega de Ximnasia, ten lugar durante toda a xornada deste sábado no Pavillón das Travesas, onde ximnastas de clubs de toda a provincia participan, individualmente e por conxuntos, nas categorías escolar, promoción e prebase.
