Luis López recibe a promesa da ximnasia rítmica da provincia, Lola Ferro, subcampioa galega

30/12/2023

Luis López coa ximnasta Lola Ferro

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este xoves no seu despacho do Pazo provincial a promesa da ximnasia rítmica da provincia, Lola Ferro.  A deportista nacida no ano 2010 en Poio, está considerada unha das principais promesas desta disciplina en España, na que destaca pola súa plasticidade na práctica deste deporte, do que xa é subcampioa galega, e tamén forma parte do Plan Nacional de Captación de Talentos.

O mandatario provincial felicitou a prometedora ximnasta polo seu talento e resultados e animouna a seguir traballando e gozando da práctica do deporte na súa nova etapa no Centro de Alto Rendemento de León. Neste sentido, Luis López amosou o compromiso da Deputación para apoiar o tecido deportivo da provincia.