Luisa Sánchez asiste á entrega de medallas de Anfaco-Cecopesca

15/05/2026

Luisa Sánchez asiste á entrega de medallas de Anfaco-Cecopesca

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este venres en Vigo ao tradicional acto anual de entrega de medallas de Anfaco-Cecopesca, celebrado na sede do Círculo de Empresarios de Galicia e que contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Durante o encontro, a patronal do sector conserveiro distinguiu a persoas e entidades que destacan pola súa contribución á excelencia, á innovación e ao desenvolvemento da industria de conservas de pescados e mariscos en España.

A institución provincial apoia a Anfaco-Cecopesca a través de diferentes axudas e accións. De xeito recente, ambas entidades colaboraron na reedición do libro ‘As familias da conserva’, unha obra de referencia sobre a historia do sector conserveiro con raíces galegas que ampliou a súa edición orixinal coa incorporación de catro novas sagas familiares e que foi presentada na sede da Deputación en Vigo.

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.