A Deputación leva este sábado a Treixadura á Estrada no marco do programa +Música

O grupo actuará na Praza da Constitución ás 22:00 horas co gallo do Día das Letras Galegas

16/05/2025

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 17 de maio á Estrada un concerto de Treixadura enmarcado na nova edición de +Música, o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e, con isto, difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas. A actuación terá lugar na Praza da Constitución a partir das 22:00 horas e encádrase na programación posta en marcha polo Concello da Estrada co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.

Treixadura leva aos escenarios un espectáculo que combina o canto e a gaita, elevando a música tradicional ao máis alto nivel artístico. Desde 1990 rescatan melodías do anonimato, crean novas composicións e comparten a forza evocadora do canto colectivo. A actuación na Estrada é unha das primeiras citas da súa xira de despedida de “Camiño longo”, o seu último traballo discográfico publicado en 2022 e no que se recollen tres décadas de “emocións embotelladas”.

O concerto de Treixadura é unha das 78 actuacións de +Música que se celebrarán entre os meses de maio e decembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Este programa provincial ten un orzamento de 700.000 euros, 100.000 euros máis que na pasada edición, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel. A través de +Música, a institución provincial aposta pola descentralización da cultura e a programación de actos culturais de calidade.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.