A Deputación mobiliza esta semana 36 colectivos sociais de 21 concellos da provincia nos obradoiros de +Xuntas

+Xuntas é un programa provincial destinado a promover a igualdade a través de actividades formativas que chegarán neste 2025 a entidades de 56 concellos

01/09/2025

A Deputación de Pontevedra comeza esta semana novas actividades formativas do programa +Xuntas que mobilizarán un total de 36 colectivos de 21 concellos da provincia: Campo Lameiro, Cangas do Morrazo, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, A Estrada, Lalín, A Lama, Moaña, Moraña, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Pontevedra, Portas, Redondela, Rodeiro, Soutomaior, Tui, Vigo e Vila de Cruces. Mulleres de entidades sociais destas localidades iniciarán as actividades formativas incluídas nunha iniciativa da Deputación que busca promover a igualdade, un dos grandes compromisos e obxectivos transversais do goberno da institución provincial.

Este luns comezan cinco obradoiros de pilates para as usuarias da Asociación de Familias e Mulleres Rurais de Deza (Lalín), da Asociación Veciñal Santa María de Pazos (Pazos de Borbén), da Asociación de Veciños San Benito de Romariz (Soutomaior), da Asociación de Mulleres Rurais Virxe do Faro (Rodeiro) e da Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos (Vigo). Ademais, tamén se inician accións formativas de arte floral na Asociación Centro Cultural Recreativo Parada de Miñor (Nigrán) e de plantas medicinais na Asociación Rural dos Veciños de Piñeiro (Cuntis).

O martes 2 de setembro comezarán tres actividades de teatro para a Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama de Cangas do Morrazo, Pontevedra e Vigo, así como outras tres de pilates para a Asociación de Mulleres en Igualdade de Camposancos, a Asociación Mulleres de Gresande (ambas de Lalín) e a Asociación de Mulleres Creativas de Quireza (Cerdedo-Cotobade). Tamén o martes a Asociación de Veciños Santa Apolonia de Guimarei (A Estrada) e a Asociación Mulleres Rurais Anduriña de Arcade (Soutomaior) comezan dous obradoiros de arte floral, a Asociación Cultural Veira do Río de Pontesampaio (Pontevedra) un obradoiro de risoterapia, a Asociación de Veciños Monte da Mina de Castrelos (Vigo) un de musicoterapia e a Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama de Moaña un obradoiro de conservación de alimentos, conservas e encurtidos.

A partir do mércores 3 de setembro as asociacións de Mulleres en Igualdade de Donsión e de Santiso (Lalín) inician dúas accións formativas en pilates. Tamén as usuarias da Asociación de Mulleres de Fontao (Vila de Cruces) asistirán a un obradoiro de teatro, as mulleres da Asociación Veciñal de Fragas (Campo Lameiro) a un de arte floral, a Asociación Mulleres en Igualdade de Tui a un de ximnasia hipopresiva, a Asociación Cultural Chorima (Moraña) a un de ioga a e a Asociación Mulleres Feministas Berra (Tui) a un taller de autocoidado.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.