A Deputación mobiliza esta semana 45 colectivos sociais de 28 concellos da provincia nos obradoiros de +Xuntas
+Xuntas é un programa provincial destinado a promover a igualdade a través de actividades formativas que chegarán durante o ano 2025 a entidades de 56 concellos
16/09/2025
A Deputación de Pontevedra comeza esta semana novas actividades formativas do programa +Xuntas que mobilizarán un total de 45 colectivos de 28 concellos da provincia: Cangas do Morrazo, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Dozón, A Estrada, Gondomar, A Guarda, Lalín, Marín, Mondariz, Moraña, Mos, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. Un total de 692 mulleres de entidades sociais destas localidades iniciarán novas actividades formativas incluídas nunha iniciativa da Deputación que busca promover a igualdade, un dos grandes compromisos e obxectivos transversais do goberno da institución provincial.
Este luns comezaron dez novas actividades, entre elas cinco de pilates nas que participarán a Asociación Mulleres de Troáns (Cuntis), a Asociación Érguete (A Guarda), a Asociación Veciñal e Cultural de Moreira (Soutomaior), a Asociación Veciña e Cultural Cortegada (Silleda) e a Asociación Mulleres de Soutolongo (Lalín). Tamén iniciáronse dous obradoiros de alfabetización dixital na Asociación de Veciños Blarqueiros de Noceda (Lalín) e na Asociación Mulleres Rurais Celso Emilio Ferreiro (Sanxenxo), outros dous de conservación de alimentos, conservas e encurtidos na Asociación de Veciños Desenvolvemento Rural de Alberguería (Moraña) e Asociacións de Veciños de Cutián (Cerdedo-Cotobade), e un de taichí na Asociación Veciñal Corrigatos (Moraña).
Pola súa banda este martes comezan outras sete accións, como os tres obradoiros de pilates nos que participarán a Asociación de Veciños 8 de Decembro (Soutomaior), a Asociación de Mulleres Rurais de Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa) e a Asociación de Desenvolvemento Social Ruliñas (Dozón). Ademais, porase en marcha un curso de risoterapia para a Asociación de Mulleres Rurais de Coiro (Cangas de Morrazo), un de alfabetización dixital para a Asociación Mulleres Rurais de San Miguel de Cora (A Estrada), un de musicoterapia para a Asociación Banda de Música Popular de Tui e un de conservación de alimentos, conservas e encurtidos para a Asociación Mulleres Rurais A Sobreira Callobre (A Estrada).
O mércores 17 iniciaranse dez novas actividades, nas que participarán mulleres da Asociación Amar-Dragoste (O Porriño) cun obradoiro de autocoidado; da Asociación Centro Social Cultural e Recreativo de Cedeira (Redondela) cun de xardinería; da Casa Santa María de la Esperanza Esclavas Virgen Dolorosa (Mos) cun de pilates; da Asociación Andaina de Persoas con Diversidade Funcional de Redondela cun de ioga e da Asociación Palilleira Rebulideiras (Cerdedo-Cotobade) cun de arte floral. Ademais, a Asociación Mulleres Rurais Xuntanza (A Estrada) farao cun curso de horta ecolóxica, a Asociación Mulleres Rurais O Campanario (Vilanova de Arousa) cun de risoterapia, a Asociación Cultural Santo Tomé de Piñeiro (Marín) cun de plantas medicinais e a Asociación Mulleres Rurais Caselas (Salceda de Caselas) e a Asociación Veciños As Fontes de Lavadores (Vigo) cun de alfabetización dixital.
Por outra banda, o xoves 18 comezarán dous formacións en arte floral para a Asociación Cultural Irmáns Barcia (Ponteareas) e para a Asociación de Veciños Xabriña (Mondariz). Tamén se porá en marcha un obradoiro de risoterapia para a Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade (Tomiño), un de artesanía en coiro para a Asociación de Mulleres Rurais Consumidoras e Culturais Albor (Valga), un de xardinería para a Asociación Nosa Terra de Alcabre (Vigo), un de iniciación ao patchwork para a Asociación Rural Mulleres Estribela Lourizán (Pontevedra), un de pilates para a Fundación Las Samaritanas (A Guarda), un de alfabetización dixital para a Asociación Mulleres Rurais As Bugineiras Nigoi (A Estrada) e un de autocoidado para a Agrupación Cultural Xunco (Salceda de Caselas).
O venres 19 continúan as accións con tres cursos de plantas medicinais nos que participará a Asociación Mulleres Rurais Emilia Pardo Bazán (Sanxenxo), a Asociación Mulleres Rurais Consumidoras e Amas de Casa Citania de Baión (Vilanova de Arousa) e a Asociación Mulleres en Igualdade de Cerdedo-Cotobade. Ademais, iniciarán unha actividade de risoterapia a Asociación Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurorural (Gondomar), unha de horta ecolóxica a Asociación Mulleres Rurais de Dornelas (Silleda), unha de pilates a Asociación Mulleres Rurais de Loño (Vila de Cruces) e unha de arte floral a Asociación de Festas do Carmen de Soutoxusto (Redondela). Por último, o sábado 20 rematan as formacións cun obradoiro de conservación de alimentos, conservas e encurtidos para a Asociación Cultural Laxe das Cruces de Tourón (Ponte Caldelas) e con outro de artesanía en coiro para a Asociación de Veciños A Firgha da Somoza (A Estrada).
No marco de +Xuntas este ano terán lugar 207 accións formativas dirixidas a entidades de 56 concellos da provincia que traballan na promoción das mulleres e apoiando o seu desenvolvemento. O programa ten un orzamento de 325.000 euros e chegará a máis de 5.000 mulleres, que puideron escoller entre 26 obradoiros encadrados en catro bloques temáticos relacionados coa tecnoloxía, a creatividade, o medio natural e a saúde.