Luis López anuncia a activación do procedemento para contratar a mellora da seguridade nas estradas provinciais EP-9703 Vilanova de Arousa-Pontearnelas e EP-9701 Baión-András, cun investimento de preto de 1,3M€

“Seguimos sumando recursos e aprobando investimentos para mellorar a nosa rede de estradas provinciais e avanzar na seguridade destas infraestruturas que son fundamentais para vertebrar o noso territorio”, remarcou o presidente

30/01/2026

Xunta de goberno

Luis López anuncia que a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o expediente para contratar as obras de mellora da seguridade viaria nas estradas provinciais EP-9703 Vilanova de Arousa-Pontearnelas, coñecida como estrada de Ousensa, e na EP-9701 Baión-András, cun orzamento de preto de 1,3 millóns de euros. “Seguimos -remarcou o presidente- sumando recursos e aprobando investimentos para mellorar a nosa rede de estradas provinciais e avanzar na seguridade destas infraestruturas que son fundamentais para vertebrar o noso territorio”.

Con estes recursos, actuarase para mellorar a seguridade viaria nun treito de máis de 2,5 quilómetros da estrada provincial EP-9703 Vilanova de Arousa-Pontearnelas, entre os puntos quilométricos 0+000 e 2+530, e, no caso da EP-9701 Baión-András, noutros 400 metros, entre os puntos quilométricos 8+800 e 9+218. En ámbalas dúas vías reporase o firme existente mediante fresado e a posterior extensión dunha capa de mestura bituminosa en quente.

Ademais, a actuación nestas dúas estradas provinciais ao seu paso polo Concello de Vilanova de Arousa contempla a mellora da drenaxe superficial mediante a execución de cunetas transitables de formigón en distintos tramos e dunha nova rede de pluviais para evacuar as choivas. Finalmente, a mellora destas vías contempla a renovación da sinalización horizontal e vertical para salvagardar a prestación do servizo público e a seguridade.

videos

audios

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.