A Deputación supervisa as melloras na estrada provincial EP-0405 A Xesteira-Almofrei, onde se están a investir preto de 1,3 millóns de euros

Está xa rematada a actuación de ensanche e mellora da seguridade viaria nesta estrada, á que se destinaron máis dun millón de euros, e vaise acometer unha actuación para optimizar a súa iluminación, cun investimento de 260.000 euros

28/05/2025

Luis López asina co alcalde de Ribadumia, David Castro un convenio

A deputada de Infraestruturas Belén Cachafeiro e o deputado provincial e tamén alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, supervisaron esta mañá o estado das melloras que se están a realizar na estrada provincial EP-0405 entre A Xesteira e Almofrei, onde se están a investir preto de 1,3 millóns de euros. Está xa rematada a actuación de ensanche e mellora da seguridade viaria da estrada, á que se destinaron máis dun millón de euros, e vaise acometer unha actuación para optimizar a súa iluminación, cun investimento de 260.000 euros.

No que respecta ao ensanche e mellora, tal e como recordou a deputada, as obras, totalmente rematadas, afectaron a un tramo de 1,5 quilómetros desta estrada provincial, onde se melloraron as condicións de seguridade e mobilidade peonil mediante a construción dunha senda e dúas zonas de convivencia. En concreto, Cachafeiro detallou que se ampliou o ancho da vía ata un mínimo de 7 metros, se executaron muros para ampliar a plataforma, se creou unha senda peonil de 2,5 metros de ancho ao longo dun quilómetro na marxe esquerda da vía onde a velocidade se limitou aos 30 km/h, se crearon dúas zonas de convivencia de prioridade peonil con velocidade limitada a 20 km/h, se mellorou o trazado desde a conexión coa estrada autonómica PO-233 coa aplicación de novo firme, se executaron obras de drenaxe e canalización para soterrar a rede de alumeado nas zonas de convivencia e se dotou de nova sinalización horizontal e vertical.

Ademais, Cachafeiro recordou que estas obras completaranse con máis recursos, con outros 260.000 euros para mellorar a iluminación dos itinerarios peonís e da zona de tránsito motorizado da vía. Ao respecto, a deputada asegurou que en abril deste mesmo ano se aprobou o proxecto para esta actuación que permitirá instalar novo alumeado no primeiro quilómetro e medio da estrada.

Galerias de imagenes

Noticias relacionadas

{"classPK":12876489,"groupId":"37861","name":"20250530_luislopez_roldaprensa_rafaestevez_02.jpg","alt":"Luis López na rolda de prensa","title":"20250530_luislopez_roldaprensa_rafaestevez_02.jpg","type":"document","uuid":"80e6f456-8828-1676-74a0-8d97644ebe76","fileEntryId":"12876489","resourcePrimKey":"12877365"}

A Deputación aproba o procedemento para a contratación da renovación da iluminación pública da estrada provincial EP-0405 Xesteira-Almofrei, en Cerdedo-Cotobade, por valor de 260.000 €

  30/05/2025

{"classPK":12724830,"groupId":"37861","name":"20250506_touris_guisasola_visita_provincia_cambados.jpg","alt":"Os deputados provinciais Javier Tourís e Marcos Guisasola visitaron hoxe as zonas","title":"20250506_touris_guisasola_visita_provincia_cambados.jpg","type":"document","uuid":"74b92d4a-59ba-9798-6e53-6e579e1aea88","fileEntryId":"12724830","resourcePrimKey":"12724878"}

A Deputación avanza que destinará preto de 300.000 euros á ampliación das redes de saneamento e abastecemento de auga de Cambados

  06/05/2025

{"classPK":12511679,"groupId":"37861","name":"20250404_RP_slorenzo_12.jpg","alt":"Conferencia de prensa de Luis López","title":"20250404_RP_slorenzo_12.jpg","type":"document","uuid":"5d7f7876-3ef0-d2e1-2ed9-c6b5fa46b57f","fileEntryId":"12511679","resourcePrimKey":"12511743"}

A Deputación aproba o proxecto para mellorar con 260.000 € a iluminación pública da estrada provincial EP-0405 Xesteira-Almofrei, en Cerdedo-Cotobade

  04/04/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.