Más de un cento de escolares levan o emprendemento ás rúas de Vigo co mercado de DepoEmprende na Escola

O alumnado participante neste programa provincial puxo á venda no peirao de A Laxe os produtos de cooperativa elaborados ao longo do curso

02/06/2026

Más de un cento de escolares levan o emprendemento ás rúas de Vigo co mercado de DepoEmprende na Escola

Máis dun cento de escolares participaron este martes en Vigo no mercado de DepoEmprende na Escola, unha iniciativa integrada no programa provincial DepoEmprende que fomenta a cultura emprendedora nos centros educativos mediante a creación e xestión de cooperativas escolares.

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Economía e Impulso ao Emprego, Luisa Sánchez, visitou os postos instalados no peirao de A Laxe, onde o alumnado expuxo e comercializou os produtos elaborados ao longo do curso, culminando así unha das fases máis visibles do proxecto.

Luisa Sánchez percorreu os diferentes postos instalados no porto de Vigo en compañía de diferentes axentes empresariais, comerciais e do sector servizos. Canda eles, puido coñecer o traballo desenvolvido polo alumnado coas súas cooperativas: Souvenirs Company, do CEIP San Tomé de Cambados; As cores de Carballedo 6.0, do CEIP Plurilingüe de Carballedo, en Cerdedo-Cotobade; Puntadas Soñadoras e Sete Puntadas, do CEIP Plurilingüe de Tebra, en Tomiño; Tigrecoop, do CEP Plurilingüe Igrexa Valadares de Vigo; e Andoriñas, do CPR Andersen Augalonga, tamén de Vigo.

A vicepresidenta destacou a implicación do alumnado e do profesorado cun programa que achega o emprendemento ás aulas a través de experiencias reais de aprendizaxe. Neste sentido, subliñou que iniciativas como DepoEmprende na Escola contribúen a desenvolver competencias clave entre a mocidade, ao tempo que fomentan valores como a creatividade, a responsabilidade e o traballo en equipo.

Galerias de imagenes

Noticias relacionadas

{"classPK":15871732,"groupId":"37861","name":"20260527_depoemprende_rafaestevez_01.jpg","alt":"A Deputación concentra a máis de 300 alumnos e profesores nun mercado en Pontevedra para finalizar o curso 2025/2026 do programa provincial DepoEmprende","title":"20260527_depoemprende_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"0171f25a-9023-ccd0-481b-cdc26fefb198","fileEntryId":"15871732","resourcePrimKey":"15871799"}

A Deputación concentra a máis de 300 alumnos e profesores nun mercado en Pontevedra para finalizar o curso 2025/2026 do programa provincial DepoEmprende

  27/05/2026

{"classPK":15377920,"groupId":"37861","name":"20260507_luislopez_xuventude_europa_jphilippot_06.JPG","alt":"Luis López ve na xornada sobre recursos da Unión Europea para a xuventude outro sinal da aposta estratéxica e transversal da Deputación pola mocidade da provincia","title":"20260507_luislopez_xuventude_europa_jphilippot_06.JPG","type":"document","uuid":"77acfa34-f934-157a-b5ca-3fe7bba5dedf","fileEntryId":"15377920","resourcePrimKey":"15377978"}

Luis López ve na xornada sobre recursos da Unión Europea para a xuventude outro sinal da aposta estratéxica e transversal da Deputación pola mocidade da provincia

  07/05/2026

{"classPK":14841331,"groupId":"37861","name":"20261103_depoemprende_primaria_eso_04.jpg","alt":"DEPOEMPRENDE PRIMARIA ESO ","title":"20261103_depoemprende_primaria_eso_04.jpg","type":"document","uuid":"ed6e4d0c-d53a-2cd9-352a-0412ca9d74bd","fileEntryId":"14841331","resourcePrimKey":"14841380"}

Luisa Sánchez salienta a creatividade do alumnado da provincia na entrega dos NIF a unha vintena de cooperativas escolares de Primaria e da ESO

  11/03/2026