A Deputación continúa este sábado o programa provincial +Música cun concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona en Oia
O concerto terá lugar ás 20:15 horas no Centro cultural de Pedornes y enmárcase en +Música, o programa provincial dotado con 700.000 euros para colaborar cos concellos na súa programación cultural e difundir e fomentar a lingua e cultura galegas
11/11/2026
A Deputación de Pontevedra leva este sábado 14 de novembro ata Oia un concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona enmarcado na nova edición de +Música, o programa provincial para apoiar a programación cultural nos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia e difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas. A actuación terá lugar ás 20.15 horas no Centro cultural de Pedornes.
Uxía Lambona e a Banda Molona é unha agrupación galega de música infantil que revoluciona os temas tradicionais dándolles un toque moderno e atractivo a ritmo de ska, rock, rap ou reggae. Cun directo cargado de humor, xogos e moita enerxía, a banda busca achegar a cultura galega aos máis pequenos dun xeito lúdico, logrando que nenos e maiores canten, bailen e participen activamente nunha auténtica festa familiar.
O concerto é unha das 93 actuacións de +Música que se celebrarán entre os meses de maio e decembro en 58 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Este programa ten un orzamento de 700.000 euros, cos que o organismo provincial aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel. A través de +Música, a Deputación aposta pola descentralización da cultura e a programación de actos culturais de calidade por toda a xeografía provincial.
