A Deputación leva este sábado 7 de novembro a Moraña un concerto de Artística e a Banda dos 80

O espectáculo terá lugar ás 22:30 horas na explanada do Multiúsos e enmárcase en +Música, o programa provincial dotado con 700.000 euros para colaborar cos concellos na súa programación cultural e difundir e fomentar a lingua e cultura galegas

06/11/2026

A Deputación leva este sábado 7 de novembro a Moraña  un concerto de Artística e a Banda dos 80

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 7 de novembro ata Moraña o concerto de Artística e a Banda dos 80. O espectáculo, que terá lugar na explanada do Multiúsos ás 22:30 horas, enmárcase na nova edición de +Música, o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas.

Juan Collazo, Antonio Ocampo, Santiago Salvador, Serxio Payares, Marcos Taboada e Manuel Varela forman Artística e a Banda dos 80, unha formación de nova creación composta por unha escolma de músicos profesionais de bandas de música licenciados en música clásica e Jazz. A banda ofrecerá un espectáculo con arranxos e pezas orixinais de Serxio Lafasil e Adrián Saavedra que os levará polo continente europeo, con actuacións no Amsterdam PPP Hall e o Museo Speelklok, en Utrecht (Países Baixos).

Este espectáculo é unha das 93 actuacións de +Música que se celebrarán entre os meses de maio e decembro en 58 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Este programa ten un orzamento de 700.000 euros, cos que o organismo provincial aboa os custos de caché dos espectáculos. A través de +Música, a Deputación aposta pola descentralización da cultura e a programación de actos culturais de calidade por toda a xeografía provincial.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.