Luisa Sánchez asiste ao concerto de Santa Icía do Ateneo Musical de Bembrive
21/11/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado en Vigo ao concerto de Santa Icía organizado polo Ateneo Musical de Bembrive, celebrado no auditorio do Centro Cultural Helios. O evento, dedicado á patroa da música, contou coas actuacións do Ateneo Musical de Bembrive e da súa Banda Xuvenil, que ofreceron un programa musical aberto á veciñanza. A Deputación de Pontevedra colabora co Ateneo Musical de Bembrive a través do programa Culturea, destinado a apoiar a actividade cultural das agrupacións e entidades da provincia.

