Luisa Sánchez participa en Vigo no xantar de Nadal da Asociación Veciñal Praza da Miñoca
22/11/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou no xantar de Nadal organizado pola Asociación Veciñal Praza da Miñoca, celebrado este domingo no Hotel Coia de Vigo. Durante o encontro, a responsable provincial acompañou á directiva e ás máis de 220 persoas asistentes. Ademais de agradecer o convite para asistir a esta celebración, a vicepresidenta desexou unhas felices festas a todo o barrio. Así mesmo, puxo en valor o papel das entidades veciñais e salientou a importancia de manter unha relación próxima entre as administracións e o tecido asociativo.


