Luisa Sánchez celebra a clasificación do Atlético Guardés para a final da EHF European Cup

25/04/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, celebrou este sábado a clasificación do Atlético Guardés para a final da EHF European Cup ao superar ao Costa del Sol Málaga tras facer valer a vantaxe do partido de ida e sentenciar no encontro disputado este serán na Sangriña.

Luisa Sánchez destacou o “orgullo” que supón para A Guarda en particular e para toda a provincia en xeral este fito deportivo, que “recoñece o traballo constante do club, do corpo técnico e das xogadoras e sitúa ao noso balonmán na elite continental”. A deputada subliñou tamén o papel fundamental da afección nunha eliminatoria “chea de emoción e entrega”. “A Sangriña volveu demostrar o seu compromiso co equipo e converteuse nunha peza clave para acadar este éxito”, indicou.