A Deputación abre o prazo para que clubs e federacións deportivas soliciten as axudas para organizar competicións ou eventos na provincia, dotadas con 550.000 euros

O prazo para solicitar esta liña de axudas do organismo que o pasado ano beneficiou a 153 clubs e federacións da provincia permanecerá aberto 20 días hábiles a partir deste xoves

15/04/2026

A Deputación de Pontevedra abre este xoves 16 de abril o prazo para que os clubs e federacións deportivas organicen competicións ou eventos na provincia este ano, dotadas con 550.000 euros. O prazo será de 20 días hábiles e as bases poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Estas axudas provinciais, das que o pasado ano se beneficiaron 153 clubs e federacións da provincia, divídense en dúas liñas. A primeira delas, dotada con 300.000 euros, vai dirixida a organizar competicións deportivas federadas oficiais de ámbito estatal ou internacional como campionatos ou copas de España, de Europa ou do mundo, e tamén eventos non encadrados na tipoloxía anterior pero con participación acreditada de equipos, seleccións ou deportistas internacionais.

A segunda das liñas, dotada con 250.000 euros, inclúe as competicións e eventos deportivos oficiais e non oficiais de todos os ámbitos territoriais non incluídos na liña un. Tanto nesta como na primeira liña, os recursos da Deputación permitirán subvencionar gastos federativos, de viaxe, de organización, publicitarios, sanitarios ou de material e premios.

Noticias relacionadas

{"classPK":12970215,"groupId":"37861","name":"adquisicion_transporte_deportes.jpg","alt":"ULTIMOS DIAS DEPOVAN","title":"adquisicion_transporte_deportes.jpg","type":"document","uuid":"f9925839-27b9-057c-35b5-c714ce975fba","fileEntryId":"12970215","resourcePrimKey":"15142834"}

A Deputación mantén aberto ata o luns 20 de abril o prazo para solicitar as axudas DepoVAN para a adquisición ou adaptación de vehículos por parte de clubs deportivos

  12/04/2026

{"classPK":15143538,"groupId":"37861","name":"20260410_conferenciaprensa_rafaestevez_11.jpg","alt":" XG AXUDAS COMPETICIONS E EVENTOS DEPORTIVOS","title":"20260410_conferenciaprensa_rafaestevez_11.jpg","type":"document","uuid":"7af11ebc-08de-26a6-6ec4-171fcc76ba57","fileEntryId":"15143538","resourcePrimKey":"15143567"}

Luis López anuncia novos investimentos para o deporte provincial, con 550.000 euros para que clubs e federacións deportivas organicen neste 2026 eventos na provincia

  10/04/2026

{"classPK":15125222,"groupId":"37861","name":"20260804_axudas_clubes_estatal_02.jpg","alt":"A Deputación de Pontevedra publica as bases das axudas aos clubs que participan en competicións oficiais de ámbito estatal, que se incrementan ata o millón de euros","title":"20260804_axudas_clubes_estatal_02.jpg","type":"document","uuid":"74d8a51e-3280-eb00-519e-d3e37a3f1cf1","fileEntryId":"15125222","resourcePrimKey":"15125237"}

A Deputación de Pontevedra publica as bases das axudas aos clubs que participan en competicións oficiais de ámbito estatal, que se incrementan ata o millón de euros

  08/04/2026