Luis López anuncia o premio internacional Silver Tower de Nueva York para o vídeo da campaña “A túa meta, o teu destino” e o éxito de participación dos I Premios Turismo Rías Baixas

O presidente provincial destaca que o recoñecemento do New York Festivals “sitúa unha vez máis a provincia de Pontevedra como referente na promoción turística e audiovisual”

22/05/2026

Luis López anuncia o premio internacional Silver Tower de Nueva York para o vídeo da campaña “A túa meta, o teu destino” e o éxito de participación dos I Premios Turismo Rías Baixas

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe dous importantes fitos vinculados á promoción e ao impulso do turismo na provincia: o recoñecemento internacional recibido polo vídeo principal da campaña turística 2026 e o éxito de participación acadado na primeira edición dos Premios Turismo Rías Baixas. Desta maneira, López informou de que o vídeo principal da campaña “A túa meta, o teu destino” foi distinguido co galardón de prata Silver Tower nos prestixiosos New York Festivals TV & Film Awards 2026, na categoría de Imaxe corporativa – Turismo, un apartado que recoñece a visión, os valores e a identidade dunha marca.

O presidente provincial puxo en valor a relevancia internacional deste premio, concedido por un xurado integrado por máis de 200 produtores, directores, guionistas e profesionais creativos dos medios de comunicación de todo o mundo. “Este recoñecemento sitúa unha vez máis a provincia de Pontevedra como referente na promoción turística e audiovisual, e avala o traballo que estamos a desenvolver para proxectar unha imaxe moderna, atractiva e con personalidade propia das Rías Baixas”, sinalou.

I Premios Turismo Rías Baixas

O presidente provincial tamén deu conta da excelente acollida dos I Premios Turismo Rías Baixas, que pecharon o prazo de presentación esta semana cun total de 84 candidaturas. “Esta resposta demostra o gran dinamismo do sector turístico da provincia e o enorme compromiso das empresas, entidades e profesionais coa excelencia, a innovación e a sustentabilidade”, destacou López.

Os premios están estruturados en sete categorías: mellor proxecto de turismo responsable, innovación en turismo, mellor proxecto municipal, mellor oficina de turismo da Rede INFO RÍASBAIXAS, mellor persoa informadora turística, traxectoria turística e recurso ou experiencia turística máis destacable. Para o presidente da Deputación, a elevada participación confirma “o gran momento que vive o turismo na provincia de Pontevedra e a capacidade do sector para seguir facendo das Rías Baixas un destino competitivo, singular e cada vez máis recoñecido dentro e fóra de Galicia”.

audios

Noticias relacionadas

{"classPK":15852702,"groupId":"37861","name":"20260522_vilagarcia_rafaestevez_01.jpg","alt":"Luis López asiste en Vilagarcía de Arousa á tradicional procesión de Santa Rita","title":"20260522_vilagarcia_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"34df5060-6b58-c906-0af7-75f6212f4b2c","fileEntryId":"15852702","resourcePrimKey":"15852815"}

Luis López asiste en Vilagarcía de Arousa á tradicional procesión de Santa Rita

  22/05/2026

{"classPK":15778293,"groupId":"37861","name":"20260515_conferenciaprensa_rafaestevez_05.jpg","alt":"Luis López anuncia a participación de Toni Nadal nos I Premios de Turismo Rías Baixas o próximo 28 de maio en Baiona","title":"20260515_conferenciaprensa_rafaestevez_05.jpg","type":"document","uuid":"6a7dde36-d85e-f8fa-86f3-9381354eb9de","fileEntryId":"15778293","resourcePrimKey":"15779053"}

Luis López anuncia a participación de Toni Nadal nos I Premios de Turismo Rías Baixas o próximo 28 de maio en Baiona

  15/05/2026

{"classPK":15767432,"groupId":"37861","name":"20260514_luislopez_rafadominguez_fluor_jphilippot_10.jpg","alt":"Luis López salienta a innovación da Deputación á hora de impulsar o turismo sustentable, a cultura coa recuperación da Bienal ou a comunicación con DepoPlay na provincia","title":"20260514_luislopez_rafadominguez_fluor_jphilippot_10.jpg","type":"document","uuid":"960ce43f-e005-f60c-7d33-28e04a375c9b","fileEntryId":"15767432","resourcePrimKey":"15767465"}

Luis López salienta a innovación da Deputación á hora de impulsar o turismo sustentable, a cultura coa recuperación da Bienal ou a comunicación con DepoPlay na provincia

  14/05/2026

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.