A Deputación visita en Vilagarcía de Arousa a Fundación Residencia Divina Pastora e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade

Esta liña de axudas do organismo provincial está destinada a entidades sen ánimo de lucro e ten por obxectivos mellorar a accesibilidade desde unha perspectiva integral

19/05/2026

A Deputación visita en Vilagarcía de Arousa a Fundación Residencia Divina Pastora e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade

O deputado provincial Javier Tourís acaba de visitar as instalacións da Fundación Residencia Divina Pastora, en Vilagarcía de Arousa, onde puxo en valor a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que neste 2026 vai repartir 210.000 euros entre entidades para fomentar a accesibilidade universal. Esta liña de axudas do organismo provincial está dirixida a entidades sen ánimo de lucro para a mellora da accesibilidade desde unha perspectiva integral e a promoción da participación activa de todas as persoas en condicións de igualdade e autonomía.

O deputado provincial aproveitou a visita para facerlles entrega da placa que distingue á fundación como beneficiaria da última edición de Provincia +Inclusiva. No marco desta liña de axudas, a entidade recibiu 10.000 euros para a implantación dun novo sistema de comunicación paciente-enfermeira para substituír ao que empregaban con anterioridade, que resultaba insuficiente para dar resposta ás necesidades actuais das persoas usuarias, especialmente daquelas con altos niveis de dependencia, deterioro cognitivo ou mobilidade reducida.

Os recursos da liña de axudas Provincia +Inclusiva, que medraron case un 17% con respecto ao 2024, están dirixidos ás entidades sen fins de lucro da provincia que poderán recibir ata un máximo de 10.000 euros para subvencionar desde obras de mellora da accesibilidade nas súas instalacións, ata os de redacción de proxectos técnicos para executar estas obras, ou de adquisición de sistemas de comunicación ou outros relacionados coa mobilidade e o coidado persoal.

Noticias relacionadas

{"classPK":15809605,"groupId":"37861","name":"20260519_paula-bouzos-asociacion-vontade1.jpg","alt":"A Deputación visita en Tomiño a Asociación Vontade e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 \u20ac para o fomento da accesibilidade","title":"20260519_paula-bouzos-asociacion-vontade1.jpg","type":"document","uuid":"34694117-d909-c898-8a50-19f8764c2f20","fileEntryId":"15809605","resourcePrimKey":"15809576"}

A Deputación visita en Tomiño a Asociación Vontade e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 € para o fomento da accesibilidade

  19/05/2026

{"classPK":15737615,"groupId":"37861","name":"20260511_rafa_dominguez_afapo.jpg","alt":"Rafa Domínguez visita Afapo e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 \u20ac para o fomento da accesibilidade","title":"20260511_rafa_dominguez_afapo.jpg","type":"document","uuid":"5527e01c-e702-1aa1-c419-9bd5cca698e6","fileEntryId":"15737615","resourcePrimKey":"15737640"}

Rafa Domínguez visita Afapo e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 € para o fomento da accesibilidade

  11/05/2026

{"classPK":15390146,"groupId":"37861","name":"20260507_paulabouzos_inclusiva1.jpg","alt":"A Deputación visita tres asociacións no Morrazo e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 \u20ac para o fomento da accesibilidade","title":"20260507_paulabouzos_inclusiva1.jpg","type":"document","uuid":"ef8cef95-1b8a-8ce1-e672-e402214ebd8d","fileEntryId":"15390146","resourcePrimKey":"15390184"}

A Deputación visita tres asociacións no Morrazo e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 € para o fomento da accesibilidade

  07/05/2026

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.