A Deputación visita o colexio Nuestra Señora de Fátima de Crecente e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 euros para o fomento da accesibilidade

A deputada provincial Paula Bouzós informou que esta entidade recibiu xa algo máis de 4.000 euros no marco destas axudas para a adquisición de elementos que contribúen á mellorar da postura e da mobilidade das persoas usuarias

10/06/2026

A Deputación visita o colexio Nuestra Señora de Fátima de Crecente e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 euros para o fomento da accesibilidade

A deputada provincial Paula Bouzós acaba de visitar as instalacións do colexio Nuestra Señora de Fátima, en Crecente, onde puxo en valor a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que neste 2026 van repartir 210.000 euros entre entidades para fomentar a accesibilidade universal. Esta liña de axudas do organismo provincial está dirixida a entidades sen ánimo de lucro para a mellora da accesibilidade desde unha perspectiva integral e a promoción da participación activa de todas as persoas en condicións de igualdade e autonomía.

A deputada provincial aproveitou a visita para facerlles entrega da placa que distingue á entidade como beneficiaria da última edición de Provincia +Inclusiva. No marco desta liña de axudas, a entidade recibiu algo máis de 4.000 euros para adquirir elementos (bipedestador, colchóns ou cama cota cero con sensor) que buscan mellorar a postura e a mobilidade das persoas usuarias do centro con maiores necesidades de apoio ou a prevención de complicacións asociadas á inmobilidade.

Os recursos da liña de axudas Provincia +Inclusiva, que medraron case un 17% con respecto ao 2024, están dirixidos ás entidades sen fins de lucro da provincia que poderán recibir ata un máximo de 10.000 euros para subvencionar desde obras de mellora da accesibilidade nas súas instalacións, ata os de redacción de proxectos técnicos para executar estas obras, ou de adquisición de sistemas de comunicación ou outros relacionados coa mobilidade e o coidado persoal.

Galerias de imagenes

Noticias relacionadas

{"classPK":15994422,"groupId":"37861","name":"20260610_paula_bouzos_provincia_inclusiva_lalin.jpg","alt":"PROVINCIA INCLUSIVA ASOC ANCIANS LALIN 10-06-2026","title":"20260610_paula_bouzos_provincia_inclusiva_lalin.jpg","type":"document","uuid":"473469ac-dfd1-d083-d733-efd58fa18be9","fileEntryId":"15994422","resourcePrimKey":"15994438"}

A Deputación visita a Asociación para a Protección de Anciáns de Lalín e Comarca e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 euros para o fomento da accesibilidade

  10/06/2026

{"classPK":15991967,"groupId":"37861","name":"20260609_paulabouzos_inclusiva.jpg","alt":"A Deputación visita en Nigrán o Centro Juan María e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 euros para o fomento da accesibilidade","title":"20260609_paulabouzos_inclusiva.jpg","type":"document","uuid":"644cd357-eea3-3a12-7ab1-2a09ba6208a5","fileEntryId":"15991967","resourcePrimKey":"15991933"}

A Deputación visita en Nigrán o Centro Juan María e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 euros para o fomento da accesibilidade

  09/06/2026

{"classPK":15919294,"groupId":"37861","name":"20260306_placa_inclusiva_down_vigo_02.jpg","alt":"Luisa Sánchez entrega a Down Vigo a placa de Provincia +Inclusiva tras incorporar melloras de sinalización e accesibilidade cognitiva na súa sede","title":"20260306_placa_inclusiva_down_vigo_02.jpg","type":"document","uuid":"5d35fa3e-0228-cdcf-d21d-5a9a295a3af1","fileEntryId":"15919294","resourcePrimKey":"15919268"}

Luisa Sánchez entrega a Down Vigo a placa de Provincia +Inclusiva tras incorporar melloras de sinalización e accesibilidade cognitiva na súa sede

  03/06/2026

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.