Rafa Domínguez saúda aos participantes na final do Club de Debate da Universidade de Vigo
12/05/2026
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, deu a benvida esta mañá aos participantes fase final da cuarta edición do Club de Debate de Dirección e Xestión Pública, da Universidade de Vigo, que tivo lugar no Salón de plenos do Pazo provincial. Domínguez felicitounos pola organización da actividade, que “fala moi ben do persoal docente e da innovación como ferramenta fundamental no campo académico”. Ademais, animou aos participantes, que este ano incluíron alumnado do IES A Xunqueira II e do colexio Los Sauces, de Pontevedra, e cos colexios Esperanza, de Vigo, e Santiago Apóstol, de Soutomaior, a defender as súas ideas ante o tema deste ano, o aumento do gasto militar.