Rafa Domínguez inaugura a xornada de investigación do Campus CREA

14/11/2025

Rafa domínguez

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este venres na xornada de investigación organizada polo Campus de Especialización CREA en colaboración co Consello Social para promover a cooperación entre grupos de investigación e fomentar a creatividade. O vicepresidente lembrou que “nesta provincia temos un ecosistema que permite que a creatividade estea presente na formación e na práctica profesional, facendo de Pontevedra un fervedoiro cultural”. Por iso, sinalou, “reforzamos continuamente a nosa relación coa Universidade para garantir o seu labor”.

Durante a xornada entregáronse os V Premios CREA, que contan co apoio da Deputación, e que recaeron en Mar Caldas (profesora da Facultade de Belas Artes) e Carlos Fer (estudante de doutoramento de Belas Artes e, ademais, gañador dunha bolsa Novos Valores para a elaboración dunha peza que estivo exposta na Bienal de Arte de Pontevedra). A institución provincial dedica este ano 60.000 euros ao Campus Crea a través dun convenio de colaboración co obxectivo de impulsar a súa especialización.

 

 

 

 

 

 

 

Galerias de imagenes