Rafa Domínguez recibe o Pontevedra B no Pazo provincial tralo seu ascenso a Terceira Federación
20/05/2026
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, recibiu este mércores no Pazo provincial o Pontevedra B tralo seu ascenso a Terceira Federación o pasado 10 de maio, cando o equipo se proclamou campión do grupo 2 da liga Preferente. O vicepresidente amosou o seu orgullo polo regreso do equipo á Terceira RFEF dous anos despois, e puxo en valor Pontevedra como “a provincia do deporte”.
Rafa Domínguez remarcou o alto nivel do deporte pontevedrés en todos os niveis, desde a canteira ata a elite, e estendeu os parabéns a todo o corpo técnico e deportivo do Pontevedra CF. O vicepresidente da Deputación amosou a total colaboración do equipo de goberno provincial cos clubs, destacando os importantes incrementos das liñas de axudas xa existentes e a posta en marcha de novas liñas co obxectivo de consolidar a posición privilexiada da provincia para acoller eventos e atraer turismo deportivo.
