Luis López participa na sétima edición da Marcha Ultreia, un trail de 52 quilómetros entre Tui e Pontevedra para dar a coñecer o paraíso interior da provincia

06/04/2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este domingo na sétima edición da Marcha Ultreia, un trail de 52 quilómetros que partiu desde a praza de San Fernando, en Tui; rematou en Pontevedra, no monumento da vela da Rúa Gorgullón; e no que fixo un alto en Arcade na Festa da Ostra. Unha actividade que consolida ás Rías Baixas coma a provincia ligada ao deporte e á natureza e que contribúe a avanzar na estratexia de descentralizar o turismo e dar a coñecer o paraíso interior da provincia.