A Deputación mantén aberta no Palacete das Mendoza a exposición “Síntese de formas e análise de superficies” do pintor Javier Cabo

A mostra, con influencia das correntes artísticas renovadoras do século XX, estará dispoñible na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas ata o próximo 13 de abril

06/04/2025

A Deputación de Pontevedra mantén aberta ao público a exposición “Síntese de formas e análise de superficies”, do pintor Javier Cabo Villaverde, no Palacete das Mendoza. A mostra estará dispoñible ata o próximo domingo 13 de abril na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas.

Nas obras de Javier Cabo (Santiago de Compostela, 1960), licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense e Doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago, pódese ver a influencia de correntes artísticas renovadoras do século XX, como o cubismo, o futurismo italiano ou o surrealismo. A través dunha combinación de recursos, Cabo constrúe un universo pictórico no que o cotián, o simbólico e o material vense entrelazados. A súa obra, lonxe de ofrecer unha representación estática da realidade, convida a ollar máis alá da superficie, a descubrir en cada fragmento unha historia, unha emoción ou unha pregunta aberta á interpretación.

Os horarios de visita da exposición “Síntese de formas y análises de superficies” do pintor Javier Cabo no Palacete das Mendoza durante a próxima semana son os seguintes: de luns a venres en horario continuo de 8:00 a 20:00 horas, o sábado en horario partido de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e o domingo en horario de mañá entre as 10:00 e as 14:00 horas.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.