A Deputación mantén aberto ata o venres 13 de marzo o prazo de inscrición para +Benestar, que en 2026 chegará a máis de 2.100 persoas maiores da provincia

O programa de termalismo social conta cun orzamento de máis de 220.000 euros para fomentar o envellecemento activo e a independencia das persoas de máis de 55 anos

08/03/2026

A Deputación de Pontevedra ultima os días para que os maiores de 55 anos poidan inscribirse en +Benestar que, cun orzamento de máis de 220.000 euros, oferta 2.127 prazas para desfrutar de estancias en balnearios, talasos ou spas da provincia. As persoas interesadas teñen de prazo ata o próximo venres 13 de marzo para presentar as súas solicitudes, e poden consultarse todos os detalles e requisitos nas bases do programa, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

+Benestar ofrece estancias de seis días e cinco noites (entrada os domingos e saída os venres) nun establecemento termal para estas máis de 2.100 persoas empadroadas na provincia que deben cumprir algún dos seguintes requisitos: ter 55 anos ou máis, ou, no caso de non chegar a esta idade, contar cunha discapacidade superior ao 65%, ser pensionistas ou ter acreditado un respiro familiar. Das 2.127 prazas ofertadas, 2.097 das prazas están subvencionadas con 100 € por parte da Deputación, e outras 30 resérvanse para persoas en risco de exclusión, cunha subvención de 400 € sobre o custo total.

En concreto, o programa desenvolverase en oito establecementos termais da provincia, situados en Sanxenxo, O Grove e Lalín (Gran Talaso Hotel Sanxenxo, Hotel Carlos I Silgar, Hotel Spa Galatea Hotel Novo Astur & Spa, Hotel Spa Norat Torre do Deza, Hotel Norat Marina and Spa, Hotel Spa Norat O Grove e Talaso Hotel Louxo La Toja) e os prezos oscilarán entre os 275 e os 334 euros. Ademais da estadía, o paquete comprende pensión completa (coas bebidas incluídas); o uso do spa, do balneario ou doutras instalacións de características similares un mínimo de hora e media ao día, tres tratamentos complementarios de balde, programación sociocultural, e o traslado de ida e volta en autobús aos establecementos desde os concellos de Vigo ou Pontevedra.

Noticias relacionadas

{"classPK":14758624,"groupId":"37861","name":"20260503_prazas_benestar_vigo.jpg","alt":"A Deputación de Pontevedra reserva máis de 200 prazas para Vigo dentro do seu programa de estadías en hoteis con talasos e spa malia a negativa do Concello a adherirse","title":"20260503_prazas_benestar_vigo.jpg","type":"document","uuid":"95c547f5-97b0-dd55-8ca7-f1ab566d6af3","fileEntryId":"14758624","resourcePrimKey":"14758639"}

A Deputación de Pontevedra reserva máis de 200 prazas para Vigo dentro do seu programa de estadías en hoteis con talasos e spa malia a negativa do Concello a adherirse

  05/03/2026

{"classPK":14758223,"groupId":"37861","name":"20260305_luislopez_balance_vilagarcia_jphilippot_03.jpg","alt":"Luis López en rolda de prensa","title":"20260305_luislopez_balance_vilagarcia_jphilippot_03.jpg","type":"document","uuid":"7563c117-a682-f6fc-46a2-59ffd6ce0b72","fileEntryId":"14758223","resourcePrimKey":"14758285"}

Luis López fai balance da pegada dos plans de cooperación nas comarcas do Salnés e Caldas, cun investimento de 87,35M€ para impulsar os servizos e as infraestruturas

  05/03/2026

{"classPK":11068709,"groupId":"37861","name":"maisBenestar_900x600.jpg","alt":"imagen mais benestar","title":"maisBenestar_900x600.jpg","type":"document","uuid":"7a22ba3f-515c-8baf-f96e-49ee60df7c87","fileEntryId":"11068709","resourcePrimKey":"14679136"}

A Deputación abre o prazo de inscrición para +Benestar, que en 2026 chegará a máis de 2.100 persoas maiores da provincia

  23/02/2026