Luisa Sánchez amosa á prensa francesa o potencial de Vigo como sede da regata La Solitaire du Figaro

A vicepresidenta provincial puxo en valor as condicións excepcionais da ría con motivo da visita do xornal Le Figaro, que publicará dúas reportaxes sobre a cidade

23/04/2026

Luisa Sánchez amosa á prensa francesa o potencial de Vigo como sede da regata La Solitaire du Figaro

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, recibiu en Vigo ao diario francés Le Figaro, que se desprazou ata a cidade para coñecer de primeira man a urbe olívica e elaborar dúas reportaxes sobre o seu papel como escala da prestixiosa regata La Solitaire du Figaro e o seu rol como enclave estratéxico dentro da costa atlántica.

A vicepresidenta provincial e deputada de Deportes exerceu de anfitrioa e subiu a unha goleta de 1912 a unha xornalista deste medio de comunicación para completar unha travesía pola ría de Vigo. Ao longo do percorrido, Luisa Sánchez puxo en valor a riqueza da ría e as súas condicións excepcionais como campo de regatas. A mesma ría que recibirá ás e aos participantes nesta esixente proba o próximo 21 de maio procedentes da comuna francesa de Perros-Guirec e desde a que, tres días despois, partirán os monotipos cara a localidade gala de Porchinet.

Ante os lectores do xornal galo de tirada nacional máis lonxevo, a vicepresidenta subliñou que “Vigo e a súa ría son un escaparate privilexiado para o mundo da vela e un destino de primeiro nivel para calquera visitante”. Igualmente, remarcou a capacidade da cidade para acoller eventos de grande formato que permiten atraer turismo, dinamizar a economía local e desestacionalizar as visitas.

Luisa Sánchez tamén acompañou á reporteira polas rúas do casco vello vigués e visitou con ela algúns puntos de interese como o Olivo ou a Praza da Pedra, ademais de dar amosar lugares como O Castro ou A Guía. Igualmente, mergullouna na historia da cidade e destacou a relevancia da Festa da Reconquista.

Por segundo ano consecutivo, Vigo terá un papel protagonista en La Solitaire du Figaro, unha das competicións máis recoñecidas do calendario internacional de vela oceánica en solitario. Neste contexto, a vicepresidenta destacou o traballo que a Deputación de Pontevedra está a desenvolver para promocionar toda a provincia no estranxeiro e incidiu na importancia de posicionar o territorio en mercados estratéxicos.

“Pero este evento non só proporciona un importante impacto mediático, senón que tamén permite a viguesas e vigueses vivir un acontecemento único. Proba diso é a grande afluencia de público que recibiu o peirao durante o ano pasado para gozar da regata e de toda a actividade que se organiza en torno a ela”, engadiu Luisa Sánchez. Le Figaro publicará as súas reportaxes nos próximos días.

Galerias de imagenes

Noticias relacionadas

{"classPK":15243404,"groupId":"37861","name":"20262104_recepcion_seis_nadal_01.jpg","alt":"Luisa Sánchez recibe ao equipo feminino júnior do Club Baloncesto Seis do Nadal tras proclamarse campión galego","title":"20262104_recepcion_seis_nadal_01.jpg","type":"document","uuid":"c7a91eac-6c90-d87e-2ffb-51ac4e42c634","fileEntryId":"15243404","resourcePrimKey":"15243447"}

Luisa Sánchez recibe ao equipo feminino júnior do Club Baloncesto Seis do Nadal tras proclamarse campión galego

  22/04/2026

{"classPK":15230434,"groupId":"37861","name":"20262004_presentacion_galiexpo_motorshow_03.jpg","alt":"Luisa Sánchez celebra a \u201cmaioría de idade\u201d de Galiexpo Motorshow, erixido nun salón referente na península","title":"20262004_presentacion_galiexpo_motorshow_03.jpg","type":"document","uuid":"d67260a2-b396-089f-2618-d61b56336d7a","fileEntryId":"15230434","resourcePrimKey":"15230449"}

Luisa Sánchez celebra a “maioría de idade” de Galiexpo Motorshow, erixido nun salón referente na península

  20/04/2026

{"classPK":15228354,"groupId":"37861","name":"20262004_prazo_vigo_historico_01.jpeg","alt":"Luisa Sánchez anima a \u201cescribir a cidade que soñamos\u201d na XIII edición do Certame de Relatos Vigo Histórico","title":"20262004_prazo_vigo_historico_01.jpeg","type":"document","uuid":"f2217c17-9a84-f1c3-7496-cf98d5d94147","fileEntryId":"15228354","resourcePrimKey":"15228338"}

Luisa Sánchez anima a “escribir a cidade que soñamos” na XIII edición do Certame de Relatos Vigo Histórico

  20/04/2026

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.