A Deputación promociona a provincia en Valladolid nun encontro protagonizado por preto dunha trintena de empresas do sector turístico pontevedrés

O deputado de Turismo, Jesús Vázquez Almuíña, encabeza a expedición pontevedresa para divulgar os atractivos turísticos da provincia da man da campaña “Rías Baixas: a túa meta, o teu destino”

21/10/2026

A Deputación promociona a provincia en Valladolid nun encontro protagonizado por preto dunha trintena de empresas do sector turístico pontevedrés

A Deputación promociona a provincia no Estadio José Zorrilla de Valladolid nun workshop protagonizado por preto dunha trintena de empresas do sector turístico pontevedrés. O deputado de Turismo, Jesús Vázquez Almuíña, acompañado da directora de Turismo, Romina Fernández, encabezou a expedición pontevedresa para divulgar os atractivos turísticos da provincia da man da campaña “Rías Baixas: a túa meta, o teu destino”. “As Rías Baixas reúnen as condicións idóneas para descubrilas e visitalas os 365 días do ano” remarcou o deputado quen engadiu que “estades soamente a catro horas da nosa capital, Pontevedra, así que agardo que apuntedes os numerosos plans cos que viñemos e que nos visitedes pronto para facelos realidade”.

Almuíña destacou que por vez primeira a campaña de promoción turística da provincia vai da man do deporte. “Cremos que o deporte é un motor de desenvolvemento económico, social e territorial que, ademais, está moi ligado ao modelo turístico innovador, sostible e de calidade que queremos para a nosa provincia”, asegurou. Neste eido, subliñou a vontade de seguir traballando para “consolidar Rías Baixas como un destino de referencia para o turismo activo, poñendo en valor os recursos naturais da provincia, apoiando ao tecido turístico local e deportivo e impulsando un estilo de vida saudable, que conecta territorio, persoas e experiencias”. Ao respecto, o deputado remarcou que “a nosa provincia ofrece experiencias de calidade, cunha oferta apta para os 365 días do ano, na que prima a profesionalidade e o trato de excelencia ao visitante”.

Entre as 27 empresas pontevedresas participantes no workshop de Valladolid atopábanse Tee Travel, Galiwonders, Viajes InterRías, GAlisacra, Qway Travel, CNTravel, Always Spain Incoming SL, Splainn, Gran Talaso Hotel Sanxenxo, Hotel Bienestar Moaña, Hotel Zenit Vigo, Hotel Villa Covelo, Hotel Ría Mar, Veiga Mariña, Alda Hotels, Pensión Rúa do Medio, A Marisma Hostal, Casa do Sear, Galicia Villas, Piragüilla Ocio y Aventura, Bodegas Terras Gauda, Amarcarril, Sailway, Amare, Julio Verne Náutica, Ruta da Sidra e a Ruta do Viño Rías Baixas. Todas elas tiveron a oportunidade de pechar acordos comerciais con máis de 70 empresas de Valladolid entre as que se atopaban Viajes Turiscar, Viajes Slalom, Jolitrip, Viajes Tudelatour, Vdviajess, Vidalia Travel, Viajes Akuareya, Viajes Gran Bahía, Viajes Sun Beach, Windolid Travel, Viajes Oeste SA, Institución Ferial de Castilla y León, Nieto Viajes y Eventos SL, Viajes Azul, Descubremundo, Costa Tours, Claro Viajes, Iluxion Viajes, Mafer Travel World, Explora un Destino, Viajes Las Francesas, Hera Direct Tour SL, Viajes Erasmus, B Travel, Viajes Doral, Laguna Viajes, Yllera Bodegas y Viñedos, Viajes El Corte Inglés, Alila Viajes Palencia e a Asociación de Guías de Turismo de Valladolid y Provincia.

O acto, presentado por Rocío Padín e coa música de Cora Velasco, contou tamén coa participación do presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal. Durante a xornada proxectáronse vídeos promocionais para poñer en valor os atractivos turísticos da provincia e a sesión pechouse cun catering con produtos da provincia de Pontevedra e cun sorteo de experiencias turísticas e premios en colaboración coas empresas participantes no workshop.

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.