A Deputación aproba as bases das axudas para que os concellos promovan a igualdade no 2027, dotadas con 260.000 euros
O presidente Luis López informou que os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia poderán solicitar achegas de ata 6.000 euros
30/10/2026
Luis López anunciou hoxe en conferencia de prensa que a Deputación de Pontevedra acaba aprobar as bases destinadas aos concellos de menos de 20.000 para o fomento da igualdade e a loita contra a violencia de xénero, unha liña dotada con 260.000 euros.
En concreto, e como informou López, cada solicitante poderá recibir ata 6.000 euros e, con estes recursos, poderán impulsar proxectos e actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia machista, proxectos e iniciativas xurdidas dos acordos das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero e proxectos para mellorar a atención integral ás vítimas de violencia de xénero, ás súas fillas e fillos e ás persoas dependentes ao ser cargo.
As actuación deberán realizarse durante o ano 2027 e rematar antes do 31 de decembro dese mesmo ano e o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
