A Deputación inicia o proceso de contratación das obras para a mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-6007 ao seu paso por Cercio, en Lalín

O presidente Luis López explicou que a actuación conta cun orzamento de 610.000 €, dos que a Deputación financia o 70% (430.000 €) e o Concello o 30% restante

30/04/2026

A Deputación inicia o proceso de contratación das obras para a mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-6007 ao seu paso por Cercio, en Lalín

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe a aprobación do expediente de contratación para as obras de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-6007 Goleta-Cercio-Estrada Rodo-Brántega, en Lalín, ao seu paso polo núcleo de Cercio. Unha actuación que conta cun orzamento total de 610.000 euros, dos que a Deputación financia o 70% (430.000 €) e o Concello o 30% restante (180.000 €).

As obras desenvolveranse nun tramo de 250 metros da estrada provincial ao seu paso polo núcleo de Cercio, onde se mellorará a mobilidade peonil e se habilitarán novos espazos de aparcamento. Para iso acondicionaranse dúas zonas preto da igrexa, creando unha praza para a xuntanza dos veciños e outro espazo para estacionamento. Ademais, executarase unha senda peonil nun primeiro tramo; nun segundo, habilitarase unha plataforma única como zona de convivencia, con preferencia peonil, e no tramo final mellorarase o trazado existente. Por outra banda, na contorna da igrexa parroquial de Santiago instalarase un novo pavimento, mobiliario e plantaranse árbores. E, entre outras actuacións, tamén se executará a rede de pluviais e faranse melloras no alumeado da zona.

O presidente Luis López sinalou que esta aprobación forma parte dun paquete de “cinco cuestións relacionadas coa modernización e mellora para outras tantas estradas provinciais, que suman máis de 3 millóns de euros”, aprobadas na Xunta de Goberno desta semana. Ademais desta actuación, tamén se avanzou noutras relacionadas con estradas provinciais da Caniza, Tomiño, Gondomar, Baiona, Mos e Silleda. “Seguimos sumando recursos e aprobando investimentos para mellorar a nosa rede de estradas provinciais e avanzar na seguridade destas infraestruturas que son fundamentais para vertebrar o noso territorio”.

Noticias relacionadas

{"classPK":15300239,"groupId":"37861","name":"20260430_conferenciaprensa_rafaestevez_13.jpg","alt":"Conferencia de prensa de Luis López ","title":"20260430_conferenciaprensa_rafaestevez_13.jpg","type":"document","uuid":"a8c29373-666d-0978-55a0-0353dc83eb2b","fileEntryId":"15300239","resourcePrimKey":"15300455"}

A Deputación inicia avanza no proceso para contratar as obras de mellora da EP-3102, nos concellos de Tomiño, Gondomar e Baiona por 662.000 €

  30/04/2026

{"classPK":15259236,"groupId":"37861","name":"20260424_pleno_rafaestevez_01.jpg","alt":"pleno ","title":"20260424_pleno_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"faec65d0-001f-8f5e-f757-490c7954abc0","fileEntryId":"15259236","resourcePrimKey":"15259290"}

O Pleno da Deputación aproba por unanimidade as bases e a dotación económica de 8M€ do Plan Vía Depo, outra panca de apoio aos concellos para mellorar vías municipais

  24/04/2026

{"classPK":15245224,"groupId":"37861","name":"20260422_convenio_rafaestevez_02.jpg","alt":"Luis López sela co alcalde de Cerdedo Cotobade, Jorge Cubela, unha nova inxección de 1,3M\u20ac na rede viaria provincial para a mellora do núcleo de Borela","title":"20260422_convenio_rafaestevez_02.jpg","type":"document","uuid":"a6cf96f9-58ef-ae81-f73c-8f15144b1eaa","fileEntryId":"15245224","resourcePrimKey":"15245205"}

Luis López sela co alcalde de Cerdedo Cotobade, Jorge Cubela, unha nova inxección de 1,3M€ na rede viaria provincial para a mellora do núcleo de Borela

  22/04/2026