A Deputación saca a licitación por 370.000 € as obras de conservación do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas

“É importante que garantamos que o noso patrimonio histórico siga sendo motor de desenvolvemento, identidade e futuro”, subliñou o presidente provincial Luis López

17/04/2026

A Deputación saca a licitación por 370.000 € as obras de conservación do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas

A Deputación de Pontevedra acaba de sacar a licitación as obras de conservación do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas. Así o anunciou o presidente provincial, Luis López, que lembrou que o orzamento para reformar este “espazo emblemático que forma parte da nosa identidade e da imaxe que proxectamos como provincia”, é de 370.000 euros.

As actuacións previstas permitirán resolver as patoloxías existentes e evitar un deterioro maior tanto nos elementos da fachada —muros, carpinterías, varandas e outros elementos— como nos espazos interiores, ademais de mellorar as condicións de habitabilidade e salubridade do edificio e intervir sobre o peche perimetral da parcela, que presenta un estado avanzado de deterioro.

“O turismo só ten sentido se medra da man do respecto e da conservación do que nos fai únicos”, asegurou o presidente provincial, “por iso é importante que garantamos que o noso patrimonio histórico siga sendo motor de desenvolvemento, identidade e futuro.

audios