A Deputación dá luz verde aos 93 concertos en 58 concellos da provincia enmarcados en +Música, cun investimento neste 2026 de 700.000 €

“O +Música é máis lingua, máis cultura e máis concellos” subliñou o presidente Luis López tras dar conta da aprobación en Xunta de Goberno da relación de actuacións

27/03/2026

A Deputación dá luz verde aos 93 concertos en 58 concellos da provincia enmarcados en +Música, cun investimento neste 2026 de 700.000 €

A Deputación dá luz verde aos 93 concertos en 58 concellos da provincia no marco do programa provincial +Música, cun investimento neste 2026 de 700.000 €. “O +Música é máis lingua, máis cultura e máis concellos”, subliñou o presidente Luis López tras dar conta da aprobación en Xunta de Goberno da relación de actuacións que serán, en total, 15 máis que o pasado ano.

O presidente detallou que entre maio e decembro “poderemos gozar de 56 artistas e bandas galegas diferentes, das que 24 debutarán este ano, e algunhas moi populares como Roi Casal, 9Louro, Milladoiro, Ortiga, Luar na Lubre ou De Vacas”. Os grupos, todos eles, forman parte do catálogo +Música, que este ano ampliouse nun 28%, coa incorporación de 62 novos nomes que eleva a nómina de artistas á cifra de 286. “Esta é, posiblemente, -asegurou López- unha das grandes medidas e máis exitosas de apoio á cultura e lingua que impulsamos na Deputación”.

Os concertos do +Música comezarán o 8 de maio coa actuación de Xisco Feijoo en Arbo e rematarán o 27 de decembro con Lucía Pérez en Meaño. Os grupos con maior demanda deste ano foron De Ninghures (Soutomaior, 10 de xullo; Bueu, 18 de xullo; O Rosal, 25 de xullo; Vilagarcía de Arousa, 19 de agosto), Vanesa Muela e Banda Traka (A Lama, 19 de xuño; Cuntis, 11 de xullo; Rodeiro, 18 de xullo; Vila de Cruces, 8 de agosto), Artística e Banda dos 80 (Moraña, 7 de novembro; A Lama, 10 de xullo; Vila de Cruces, 9 de agosto; Cuntis, 15 de agosto) e Cantando con Pinocho (Ribadumia, 10 de maio; O Grove, 22 de maio; Valga, 30 de outubro; Pontecesures, 7 de novembro), con catro concertos cada un.

Pola súa banda, ofrecerán tres concertos Mondra (A Estrada, 16 de maio; Cambados, 30 de xullo; Catoira, 1 de agosto), Treixadura (Baiona, 25 de xullo; Caldas de Reis, 14 de agosto; Ponte Caldelas, 30 de agosto), Lucía Pérez (Ponteareas, 15 de maio; A Cañiza, 12 de agosto; Meaño, 27 de decembro), Xuntos pola música (Lalín, 20 de xuño; Poio, 20 de agosto; A Guarda, 21 de agosto) e Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre (Portas, 24 de maio; A Illa de Arousa, 27 de xuño; Forcarei, 22 de agosto).

Ademais, ofrecerán dous concertos Louband (Oia, 27 de setembro; Meis, 4 de xullo), Sheila Patricia (Ribadumia, 20 de xuño; Salvaterra do Miño, 29 de agosto), Luar na Lubre (As Neves, 12 de xullo; Nigrán, 29 de agosto), The Crass (Valga, 16 de maio; Gondomar, 14 de agosto), Sés (O Porriño, 27 de xuño; Moaña, 1 de agosto), The Teta´s Van (Moraña, 26 de xullo; Agolada, 8 de agosto), Festicultores Troupe (Meis, 16 de maio; Ribadumia, 4 de xuño), Xosé Lois Romero e Aliboria (Barro, 25 de xuño; Pontecesures, 3 de xullo), Son das Tabernas (Mondariz-Balneario, 13 de xuño; Oia, 11 de xullo), A Gramola gominola (Meis, 10 de xullo; Cangas do Morrazo, 23 de agosto), Mekánica Rolling Band (Vilaboa, 9 de maio; Tui, 15 de agosto), Los jinetes del trópico (Mondariz, 14 de agosto; Salvaterra do Miño, 30 de agosto), Uxía Lambona e A Banda Molona (Mos, 13 de xuño; Oia, 14 de novembro), Habelas Hainas (Pontecesures, 3 de xullo; Barro, 30 de agosto) e Maillou (Vilaboa, 10 de maio; Silleda, 17 de maio).

+ Música levará ademais aos concellos da provincia a grupos como Xisco Feijoo (Arbo, 8 de maio), A Roda (Vilaboa, 9 de maio), Comando Curuxás (Rodeiro, 23 de maio), Grupo Folk Airiños da Peneda (Pazos de Borbén, 23 de maio), Música Miúda (Mos, 19 de xuño), Malvela (Covelo, 27 de xuño), Ortiga (Tomiño, 11 de xullo), María do Ceo (Covelo, 11 de xullo), Quinquillada (Mos, 14 de xuño), Dakidarría Xurxo Fernandes (Sanxenxo, 16 de xullo), A Banda da Loba (Salceda de Caselas, 18 de xullo), (Redondela, 25 de xullo), Ensemble Groba (O Grove, 25 de xullo),Milladoiro (Fornelos de Montes, 8 de agosto), Roi Casal (Vilanova de Arousa, 9 de agosto), Leirabuxo (Agolada, 9 de agosto), Queiman Folki (Mondariz, 14 de agosto), Fanfarria Taquikardia (Tui, 15 de agosto), De Vacas (Pazos de Borbén, 16 de agosto), Javi Maneiro (Silleda, 20 de agosto), Loita Amada (Silleda, 20 de agosto),Budiño (Cerdedo-Cotobade, 21 de agosto), Alana (Cangas do Morrazo, 25 de agosto), Nacho. Faia.Lar (Cangas do Morrazo, 25 de agosto), Tiruleque (Salvaterra do Miño, 28 de agosto), 9Louro (Campo Lameiro, 6 de setembro), Ailá (Campo Lameiro, 6 de setembro), Ocamusic (Marín, 8 de setembro), Os Revenidos (Mondariz-Balneario, 12 de setembro), Blues do País e Sindicato da Verbena (Mondariz-Balneario, 13 de setembro), Berce do Son (O Grove, 23 de outubro) e Os Satélites (Dozón, 25 de outubro).

audios

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.