A Deputación aproba 185.000 € das liñas 2 e 3 do Plan +Provincia para os concellos de Marín e Campo Lameiro
Luis López anunciou que o Concello de Marín contará con 95.000 € da liña 2 para a Festa Corsaria e o Samaín e o Concello de Campo Lameiro con 90.000 € para contratar 8 persoas desempregadas
30/04/2026
A Deputación de Pontevedra aprobou este venres na Xunta de Goberno dúas novas achegas do Plan +Provincia 2026-2027 para os concellos de Marín e Campo Lameiro de 185.000 euros. Así, Marín recibe 95.000 € da liña 2 de financiamento de gasto corrente e Campo Lameiro 90.000 € da liña 3 de contratación.
En concreto, os 95.000 € que Marín repártense entre preto de 69.000 euros para a organización da Festa Corsaria e máis de 26.000 euros para o Samaín. Pola súa banda, o Concello de Campo Lameiro contará con 90.000 euros para contratar 8 persoas desempregadas: 5 peóns forestais, 1 albanel, 1 peón albanel e un peón de limpeza.
Luis López lembrou que o Plan +Provincia 2026-2027 está dotado de 85 millóns de euros. “Seguimos sumando recursos destes 85 millóns, o que fan deste o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da nosa historia”, asegurou o presidente da Deputación.
