Luis López confirma a aprobación de recursos por valor de preto de 300.000 € para a rede de saneamento da Freixa, O Souto e O Eido, en Ribadetea, Ponteareas

Esta contía forma parte dos recursos que lle corresponden ao concello no marco do Plan +Provincia, “o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación”, subliñou o presidente

10/04/2026

Luis López confirma a aprobación de recursos por valor de preto de 300.000 € para a rede de saneamento da Freixa, O Souto e O Eido, en Ribadetea, Ponteareas

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha axuda por valor de preto de 300.000 € para que o Concello de Ponteareas incorpore ao patrimonio público a rede de saneamento da Freixa, O Souto e O Eido, na parroquia de Ribadetea. Esta contía, tal e como informou o presidente provincial Luis López, forma parte dos recursos que lle corresponden ao concello no marco do Plan +Provincia, que dotado de 85 millóns de euros tense convertido no “ plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación”.

Cos recursos provinciais será posible construír a fase primeira da rede de saneamento dos núcleos da Freixa, O Souto e O Eido, para conectala coa rede existente na parroquia de Ribadetea e evitar, así, que estas augas residuais se vertan ao medio natural sen un tratamento axeitado. Tamén se proxectan nesta primeira fase dúas estacións de bombeo novas (Mourade e Freixa) e a renovación dos equipamentos existentes.

A contía aprobada en Xunta de Goberno da Deputación para Ponteareas súmase a outros preto de 600.000 € que o goberno provincial aprobou tamén esta semana ao abeiro do Plan +Provincia para o Concello de Lalín, que destinará á adquisición de terreos para construír unha gran praza.

audios

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.