A Deputación destina 145.000 € á mocidade da provincia para poñer en marcha iniciativas de interese social a través do Plan +Xuventude

Poderán beneficiarse asociacións xuvenís e grupos de un máximo de oito persoas, que recibirán un máximo de 5.000 euros para poñer en marcha os seus proxectos

13/11/2026

A Deputación destina 145.000 € á mocidade da provincia para poñer en marcha iniciativas de interese social a través do Plan +Xuventude

A Deputación de Pontevedra destina 145.000 euros, 25.000 euros máis que este ano, á mocidade da provincia para poñer en marcha iniciativas de interese social a través do Plan +Xuventude 2027. O obxectivo, como explicou o presidente provincial Luis López, é o de “contribuír a que as mozas e mozos desta provincia poñan en marcha proxectos que favorezan o desenvolvemento persoal e comunitario, contribúan á formación en valores e á consecución de hábitos saudables”.

O Plan +Xuventude, que neste 2026 beneficiou a un total de 27 entidades, está aberto a asociacións xuvenís e grupos formados por ata 8 persoas, con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos. O organismo provincial destinará ata un máximo de 5.000 euros por proxecto presentado, sempre que estea relacionado coa saúde, o benestar e a prevención de riscos; coa cultura, a ciencia e a innovación; coa participación xuvenil, o asociacionismo e o voluntariado; co desenvolvemento rural e o reto demográfico, e coa protección do medio ambiente e a loita contra o cambio climático.

O presidente informou que o prazo de presentación de solicitudes para optar aos recursos do Plan +Xuventude permanecerá aberto entre o 26 de xaneiro e o 26 de febreiro e cos recursos provinciais subvencionaranse diferentes gastos asociados aos proxectos que se poderán consultar nas bases unha vez publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

audios