A Deputación volve aliarse coa sete veces olímpica Teresa Portela para desenvolver charlas sobre a súa experiencia vital e deportiva en colexios da provincia

“Quen mellor que Teresa Portela, porque é unha referente única que pode transmitir á cidadanía, especialmente á xente nova, estes valores e a importancia do deporte e do territorio”, asegurou o presidente provincial, Luis López

13/03/2026

A Deputación volve aliarse coa sete veces olímpica Teresa Portela para desenvolver charlas sobre a súa experiencia vital e deportiva en colexios da provincia

A Deputación de Pontevedra volve a aliarse coa sete veces olímpica Teresa Portela para levar a toda a provincia unha nova edición das súas conferencias sobre deporte, valores e territorios. Así o anunciou o presidente provincial, Luis López, que explicou que o novo ciclo, que chega despois do “éxito” do desenvolvido no 2024, consistirá en dez encontros noutros tantos centros educativos, nos que falará “da a súa experiencia deportiva e vital, falando de valores como o esforzo, a constancia ou a superación, pero tamén do potencial que ten a nosa provincia para a práctica deportiva.

“Quen mellor que Teresa Portela, unha das garandes embaixadoras da nosa provincia, para levar a cabo estas charlas, porque é unha referente única que pode transmitir á cidadanía, especialmente á xente nova, estes valores e a importancia do deporte e do territorio”, remarcou López. A palista de Aldán ten no seu haber 7 participacións olímpicas, nas que acadou unha medalla de prata e seis diplomas olímpicos, ademais de múltiples medallas internacionais, incluíndo dous ouros mundiais. No persoal é graduada en Fisioterapia e diplomada en Maxisterio.

A iniciativa, para a que proximamente se anunciarán datas e lugares exactos, enmárcase dentro da campaña turística deste ano da Deputación, “A túa meta, o teu destino”, coa que o organismo provincial quere seguir posicionando a provincia de Pontevedra como a provincia do deporte, “porque aquí o deporte non é só competición: é territorio, é turismo, é estilo de vida”, remarcou Luis López.

audios