A Deputación de Pontevedra colabora con 120.000 euros coa Federación Galega de Fútbol para Copa Deputación 2025

O presidente provincial Luis López remarcou que “unimos as nosas forzas para garantir o bo desenvolvemento dunha competición que recuperamos o pasado ano e que é de enorme popularidade entre o fútbol base e de categorías da provincia”

21/04/2025

rolda de prensa de Luis López

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o convenio de colaboración entre a institución provincial e a Federación Galega de Fútbol, por valor de 120.000 euros, para a Copa Deputación 2025. “Deputación e Federación unimos as nosas forzas de novo para garantir o bo desenvolvemento dunha competición que recuperamos o pasado ano tras anos de parón e que é de enorme popularidade entre o fútbol base e de categorías da provincia”, remarcou o presidente provincial, Luis López.

En concreto, na competición masculina están a participar equipos da provincia adscritos ás delegacións de Pontevedra, Santiago e Vigo, inscritos nas distintas divisións da categoría afeccionados de ámbito autonómico, e na feminina participan os equipos adscritos ás mesmas delegacións nas distintas divisións da categoría sénior feminino de ámbito autonómico.

En concreto, e segundo como está recollido no convenio aprobado hoxe, a Federación é a encargada de aboar aos clubs os importes pola participación na competición, que van dos 250 aos 400 € euros en función da categoría na que compitan, mentres que a Deputación de Pontevedra faise cargo de sufragar os gastos asociados dos arbitraxes e dos premios, tanto da fase previa como das eliminatorias e da final.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.