A Deputación ofrecerá na Culturgal actividades centradas na música popular e tradicional arredor do lema “Unha provincia para cantar a cultura”

Entre os días 28 e 30 de novembro o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá concertos, obradoiros, proxeccións de documentais, presentacións de libros e unha nova edición das Xornadas Profesionais MUMI: Músicas no Minho

26/11/2025

A Deputación de Pontevedra levará á Culturgal entre os días 28 de 30 de novembro unha ampla programación de actividades culturais arredor do lema “Unha provincia para cantar a cultura”. O obxectivo da institución provincial é destacar aqueles programas e actividades levadas a cabo ao longo do ano para achegar a todas as xeracións tanto a música profesional e amateur como a cultura tradicionais. Durante a fin de semana, o posto da Deputación así como o resto de espazos instalados no Pazo da Cultura de Pontevedra acollerán actividades organizadas ou patrocinadas pola Deputación nas que destacan concertos, obradoiros, presentacións de libros e de proxectos documentais ou tamén unha xornada para profesionais da música de Galicia e o norte de Portugal.

As actividades organizadas pola Deputación comezarán o sábado 29 ás 12:30 horas cun concerto das pandeireteiras Soalleira de Dorrón e un obradoiro aberto deste instrumento. Ás 18:30 horas terá lugar un concerto do Óscar Ibáñez Quartet, composto por Óscar Ibáñez á frauta e gaita, Fernando Fraga ao acordeón, Xosé Liz ao bouzouki e mais Leandro Deltell ao caixón e caixa. Por último, ás 19:30 horas ofrecerase un concerto didáctico sobre a nova técnica de pandeireta galega a cargo de Suso Vaamonde. Todas as actividades terán lugar no posto da Deputación de Pontevedra.

O domingo 30 será o día de máis actividade, cunha programación que dará comezo ás 12:00 horas no Teatriño coa presentación do proxecto documental “Mozas da miña aldea. As cantareiras e a poesía popular oral na provincia de Pontevedra”, na que intervirá o deputado de Cultura, Jorge Cubela, e que pechará coa actuación das pandeireteiras de Toutón, que visitarán a continuación (12:45 horas) o posto da Deputación para ofrecer unha actuación. Xa ás 13:00 horas, tamén no posto da Deputación, terá lugar un obradoiro aberto de pandeiro redondo e pandeireta a cargo de María Vidal Solla e Pichi Abollado. Ás 17:00 horas no Escenario Arte terá lugar a presentación do libro de banda deseñada “Castelao en Pontevedra (1916-1936)”, de Miguel Pérez Ramudo, organizada polo Museo de Pontevedra. Para rematar, ás 17:30 horas no posto da Deputación terá lugar un concerto didáctico sobre instrumentos de raíz ofrecido pola Fundación Legar.

A Deputación de Pontevedra tamén colabora cunha nova edición das Xornadas Profesionais MUMI: Músicas no Minho, que se celebrarán o venres 28 na Sala VIP do Pazo da Cultura. As xornadas consistirán en diversas conferencias e mesas redondas nas que se debaterá sobre a lingua como motor cultural, os festivais como espazos de transformación e diversos aspectos que afectan o mercado da música actual.

Ademais, no posto da Deputación haberá dispoñible material promocional dos programas e actividades relacionadas co lema “Unha provincia para cantar a cultura”, como o Culturea e o +Música, os circuítos Son Verán e Entradiñas de Aninovo, os obradoiros escolares Instrumentos da Memoria e o concurso Canta Rosalía!, ou as liñas de axudas para festivais e agrupacións musicais. Ademais dos folletos, as persoas que visiten o posto poderán levar cadansúa bolsa de tea e pulseiras co lema.

Noticias relacionadas

{"classPK":12267589,"groupId":"37861","name":"concurso-escolar-canta-rosalia.jpg","alt":"Imaxe do concurso escolar canta Rosalía","title":"concurso-escolar-canta-rosalia.jpg","type":"document","uuid":"d3555e2f-3844-03de-8148-70e66103f172","fileEntryId":"12267589","resourcePrimKey":"14883142"}

A Deputación ultima o prazo para que os escolares da provincia presenten os seus poemas musicados ao concurso Canta Rosalía!

  15/03/2026

{"classPK":14212258,"groupId":"37861","name":"20251212_conferenciaprensa_rafaestevez_01.jpg","alt":"Luis López en rolda de prensa","title":"20251212_conferenciaprensa_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"fc0a8baa-1845-d666-c212-cdf05bf73f3c","fileEntryId":"14212258","resourcePrimKey":"14212318"}

Luis López anuncia o aumento do crédito do programa Culturea, que mobilizará 1,2 millóns en 2026 para seguir espallando a cultura pola provincia

  12/12/2025

{"classPK":13873205,"groupId":"37861","name":"20251030_rafa dominguez_culturgal2.jpeg","alt":"O vicepresidente Rafa Domínguez avanza a programación que levará a Deputación á Culturgal baixo o lema \u201cUnha provincia para cantar a cultura\u201d","title":"20251030_rafa dominguez_culturgal2.jpeg","type":"document","uuid":"9d7c400a-b67e-6cc5-2901-22b979e9b080","fileEntryId":"13873205","resourcePrimKey":"13873257"}

O vicepresidente Rafa Domínguez avanza a programación que levará a Deputación á Culturgal baixo o lema “Unha provincia para cantar a cultura”

  30/10/2025