Aralia, fatsia

Fatsia japonica (Thunb. Decne et Planch.)

Fatsia japonica (Thunb. Decne et Planch.)

Nome común: aralia, fatsia

Familia: Araliaceae

Arbusto perennifolio

Orixe: nativo da China, o Xapón e Taiwan

Porte e altura: de porte arbustivo e tamaño medio, conta cun hábito aberto, de talo escasamente ramificado. Pode acadar os 5 m de altura.
Follas: palmeadas e lobuladas, grandes, de ata 45 cm de diámetro e de cor verde brillante intenso.

Flor: pequena, de cor branca verdosa, dispostas en umbelas.

Froito: bagas globosas, de pequeno tamaño, dispostas en umbelas e que ao madurar tornan a cor negra.

Utilidades e curiosidades: empregada como arbusto ornamental tanto en interior coma en exterior.

Necesidades e cultivo: de crecemento rápido. Moi resistente, aínda que nas zonas de clima frío debe protexerse dos ventos fortes. Soporta a exposición directa ao sol e á sombra e require de solos fértiles, húmidos e de boa drenaxe.