Araucaria do Brasil de Lourizán

Araucaria do Brasil de Lourizán
  • Especie: Araucaria angustifolia (Bertol.) O. Kuntze
  • Familia: Araucariaceae
  • Altura: 34,20 m
  • Perímetro do tronco (1,30): 3,12 m
  • Diámetro da copa: 12,20 m
  • Idade estimada: 100 anos
  • Concello: Pontevedra
  • Parroquia: Santo André de Lourizán
  • Lugar: pazo de Lourizán
  • Coordenadas UTM (X; Y, ETRS89 Fuso 29): 29T527590;4695149
  • Coordenadas Google: 42.40815258486373, -8.664707345188948

Situada no parque das Rías, foi plantada a finais do século xix. Con trinta e tres metros de altura e case tres metros de perímetro normal, é o exemplar desta especie de maiores dimensións de Galicia. O tronco aséntase sobre unha gran plataforma basal a modo de pata de elefante, que lle confire estabilidade, e crece moi dereito ata a copa, situada a grande altura, seguramente pola importante competencia espacial con algúns magnolios (Magnolia grandiflora) que a acompañan e dificultan a súa contemplación. A case cinco metros de altura mostra unha rama que medra case paralela ao tronco principal. Xa aparecía incluída no Inventario de árbores sobresalientes de Galicia que encargou a Xunta de Galicia na década dos anos 80 do pasado século, aínda que erroneamente identificada como unha araucaria de Chile (Araucaria araucana).