Camelias do pazo de Quintáns

Camelias do pazo de Quintáns
  • Especie: Camellia japonica L.
  • Familia: Theaceae
  • Altura: 10,70 e 9,20 m (dous exemplares destacados)
  • Perímetro do tronco (1,30): 1,65; 1,16; 1,25; 1,20; 0,90 e 1,12; 1,15; 6,50 m
  • Diámetro da copa: 9,17 e 6,80 m
  • Idade estimada: 150 anos
  • Concello: Meis
  • Parroquia: Santa María de Paradela
  • Lugar: pazo de Quintáns
  • Coordenadas UTM (X; Y, ETRS89 Fuso 29): 29T523502;4709658
  • Coordenadas Google: 42.53694661101962, -8.715613788740562

Trece fermosos exemplares centenarios de camelias medran próximos á entrada do edificio do pazo; os troncos amosan a base moi ensanchada e numerosas protuberancias que contribúen a aumentar a súa singularidade. Comezan a ramificarse a un metro de altura, con numerosos brazos que medran en todas as direccións, formando copas moi amplas e abertas.

Comparten o espazo con outros exemplares de grande interese, coma unha araucaria do Brasil (Araucaria angustifolia), un cedro do Atlas (Cedrus atlantica ´Glauca´) ou unha palmeira de abano (Trachycarpus fortunei), todos eles de grandes dimensións e singularidade.