Castiñeiro de Indias do parque de Castrelos
- Especie: Aesculus hippocastanum L.
- Familia: Sapindaceae
- Altura: 36,40 m
- Perímetro do tronco (1,30): 2,46 m
- Diámetro da copa: 12,70 m
- Idade estimada: 100-120 anos
- Concello: Vigo
- Parroquia: Santa María de Castrelos
- Lugar: pazo de Castrelos
- Coordenadas UTM (X; Y, ETRS89 Fuso 29): 29T522348;4673620
- Coordenadas Google: 42.21442939169852, -8.729243239408005
O castiñeiro de Indias do parque de Castrelos é o de maior altura entre todos os coñecidos ata o momento en Galicia. O seu tronco é cilíndrico e de grandes dimensións. Está situado na zona central do parque, o que condiciona de forma importante a súa arquitectura. As ramas son case verticais e crecen paralelas ao tronco, formando unha copa estreita e alongada característica desta especie, sobre todo cando crece con tanta competencia espacial. A copa fórmase a case dez metros de altura, onde empeza a ramificarse. Na primavera destacan, na súa copa, as fermosas flores de cor esbrancuxada que se agrupan en panículas de gran tamaño e ofrecen toda a súa beleza a quen o visita.
